Basílica de Santa María a Maior de Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada principal.

A Basílica de Santa María a Maior de Roma é unha das catro Basílicas Maiores. É propiedade do Vaticano, sendo o maior grande monumento dedicado á gloria da Virxe María.

A lenda conta que en agosto do 356, a Virxe pedíulle ao papa san Liberio que edificase un santuario. Pola mañá, do día 5, constatando que nevara en pleno mes de agosto, o papa ordenou construír a basílica de "Santa Maria ad Nives" sobre do chan nevado no alto do outeiro do Esquilino.

Santa María a Maior é, coa súa planta basilical de nobres proporcións, os seus mosaicos, as súas impoñentes capelas policromadas da época da Contrarreforma, un compendio das grandes etapas da arte cristiá de Roma.