Catania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°30′0″N 15°5′25″E / 37.50000°N 15.09028°E / 37.50000; 15.09028

Catania
Flag of Catania.svg
Catania-Etna-Sicilia-Italy-Castielli CC0 HQ1.JPG
Vista aérea co monte Etna ó fondo.
Situación xeográfica
Catania en Italia
Catania
Catania
País Italia Italia
Rexión Coat of arms of Sicily.svg Sicilia
Provincia Catania (CT)
Xeografía
Altitude 7 msnm
Superficie 180,88 km² km²
Poboación
Poboación 291.274 (2011)
Densidade 1.600 hab/km²
Xentilicio Catanesi
Información
Código postal 95100
Alcalde Enzo Bianco (PD)
Páxina web Páxina Oficial de Catania

Catania é a segunda cidade máis grande de Sicilia, situada na costa este da illa e na metade do camiño entre as cidades de Messina e Siragusa. Catania é unha cidade italiana de 296.453 habitantes e 770.000 na súa área metropolitana. Catania está situada ao pé dunha das principais atraccións naturais de Sicilia, o monte Etna. O Etna é o volcán activo máis grande de Europa e a montaña máis alta de Italia ó sur dos Alpes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O clima en Catania é de tipo mediterráneo, o inverno xeralmente é de curta duración e con temperaturas máximas durante o día relativamente suaves, mentres o verán é de longa duración con temperaturas máximas moi altas, mesmo chegan a superar os 40 graos.

Historia[editar | editar a fonte]

Catania foi fundada no século VIII a.C. por colonos gregos e segundo os historiadores o nome da cidade deriva de “Katane” (raiado), polo territorio lávico do volcán Etna. No 1434 foi fundada a primeira universidade siciliana por Alfonso V de Aragón. Hoxe a universidade de Catania é unha das máis grandes do sur de Italia con 62.000 estudantes e dividida en 12 facultades. Catania foi destruída sete veces por terremotos e erupcións volcánicas, e a última catástrofe que se lembra foi no ano 1693.

Lingua[editar | editar a fonte]

As linguas faladas en Sicilia son o siciliano e o italiano. O siciliano é unha lingua romance propia da illa de Sicilia e falada normalmente en familia ou entre amigos.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Catania ofrece un escenario que atrae moitos turistas e viaxantes. O estilo barroco do seu centro histórico foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO no 2002. As principais atraccións de Catania son a praza Duomo, o teatro romano, o Parco Bellini, o castello Ursino e a central Via Etnea.

Catania BW 2012-10-06 11-32-08 2 fj

A praza Duomo é unha das atraccións principais de Catania, onde se pode admirar os dous principais símbolos de Catania, unha é a fonte de elefante chamado “o Liotru” que é considerado o emblema da cidade. En fronte da fonte pódese admirar a impresionante catedral, dedicada a Santa Ágata. Santa Ágata é o santa patroa de Catania e cada ano do 3 ao 5 de febreiro a cidade celebra unha festa na súa honra. Outros lugares característicos en Catania son o mercado do peixe sempre brillando con cores, sons e cheiros, e o mercado chamado “fera ´o luni” que está aberto todos os días.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]