Biblioteca Gallega de Autores en Castellano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los hidalgos de Monforte I.

A Biblioteca Gallega de Autores en Castellano é unha colección literaria de reedicións de corenta títulos (41 volumes) en lingua castelá, de escritores galegos, editados e distribuídos polo xornal La Voz de Galicia nos anos 2004-2005, polo prezo de 1,5 euros cada exemplar.

Descrición[editar | editar a fonte]

O acto de presentación tivo lugar no Parador Nacional de Monforte de Lemos o luns 6 de setembro de 2004[1] e comezou a repartirse o domingo día 12. Inclúe os xéneros de novela, conto, teatro, poesía, ensaio e gastronomía, inda que predomina a narrativa.

Dirixida por Tucho Calvo, foi precedida por outra semellante pero de máis envergadura e en lingua galega, a Biblioteca Galega 120. Posteriormente, en 2005, o xornal distribuíu a Biblioteca Galega de Clásicos Universais, de novo en lingua galega.

Títulos e autores[editar | editar a fonte]

1 - Los hidalgos de Monforte t. I de Benito Vicetto. 342 pp.
1 - Los hidalgos de Monforte t. II de Benito Vicetto. 333 pp.
2 - En las orillas del Sar de Rosalía de Castro. 153 pp.
3 - Los precursores de Manuel Murguía. 203 pp.
4 - Los pazos de Ulloa de Emilia Pardo Bazán. 288 pp.
5 - Flor de santidad de Ramón del Valle-Inclán. 118 pp.
6 - La cocina práctica de Picadillo. 631 pp.
7 - La casa de la Troya de Alejandro Pérez Lugín. 358 pp.
8 - Volvoreta de Wenceslao Fernández Flórez. 205 pp.
9 - Ensayo histórico sobre la cultura gallega de Otero Pedrayo. 214 pp.
10 - Memorias de un diputado republicano… de E. González López. 447 pp.
11 - La casa de Lúculo de Julio Camba. 166 pp.
12 - Torres de amor de Xesús Lorenzo Varela. 115 pp.
13 - Historias e invenciones de Félix Muriel de Rafael Dieste. 167 pp.
14 - En el pueblo hay caras nuevas de José Mª Álvarez Blázquez. 165 pp.
15 - El bosque de Ancines de Carlos Martínez-Barbeito. 238 pp.
16 - La catedral y el niño de Eduardo Blanco Amor. 499 pp.
17 - Viento del norte de Elena Quiroga. 312 pp.
18 - Isla cofre mítico de Eugenio Granell. 93 pp.
19 - La puerta de paja de Vicente Risco. 263 pp.
20 - Barco sin luces de Luis Pimentel. 94 pp.
21 - El pálido visitante de José María Castroviejo. 140 pp.
22 - La camisa de Lauro Olmo. 94 pp.
23 - Bandera negra de Horacio Ruiz de la Fuente. 93 pp.
24 - Los conspiradores de Daniel Sueiro. 215 pp.
25 - Sanco Panco de Salvador de Madariaga. 259 pp.
26 - Vida y fugas de Fanto Fantini Della Gherardesca de Cunqueiro. 191 pp.
27 - Las ruinas del mundo de César Antonio Molina. 441 pp.
28 - Interior con figuras de José Ángel Valente. 75 pp.
29 - Comer en Galicia de Jorge-Víctor Sueiro. 253 pp.
30 - Poundemonium de Julián Ríos. 104 pp.
31 - Crónica del rey pasmado de Gonzalo Torrente Ballester. 213 pp.
32 - El somier de Luisa Castro. 165 pp.
33 - Galicia hoy y el resto del mundo de Isaac Díaz Pardo. 259 pp.
34 - Leyenda o el viaje sentimental de Javier Alfaya. 205 pp.
35 - La debutante de Lola Beccaria. 144 pp.
36 - Que veinte años no es nada de Marta Rivera de la Cruz. 413 pp.
37 - Madera de boj de Camilo José Cela. 254 pp.
38 - Paso a dos de Ramón Pernas. 264 pp.
39 - Bueyes y rosas dormían de Cristina Sánchez-Andrade. 349 pp.
40 - La canción de las cerezas de Blanca Riestra. 309 pp.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]