Lista de puntos máis altos por país
Esta é unha lista de países ordenada polo punto máis alto. A lista indica cal é a montaña máis alta de cada país. A lista inclúe os estados soberanos e tamén, en itálica, as colonias e territorios autónomos ou non independentes e que non son estados soberanos, e que habitualmente xurden individualizados nas listas de territorios.
En algúns casos, o punto máis alto dun país pode estar mesmo fóra da metrópole ou territorio principal (casos da Dinamarca, Reino dos Países Baixos ou Australia).
Para certas montañas, a medición rigorosa da altitude é extremamente difícil. Modernas técnicas como o GPS diferencial ou o recurso a datos da emisión SRTM permiten corrixir ou, polo menos, estimar, algúns dos erros máis comúns na avaliación das altitudes ortométricas.
- Notas:
- O territorio de Cachemira ao Sur e a Oeste do K2 é administrado por Paquistán, mais reclamado pola India.
- A localización do cume do Monte Branco na fronteira entre Francia e Italia ou só en Francia é polémica.
- Israel anexou e administra as Colinas de Golán, incluíndo parte do Monte Hermon, territorio non recoñecido internacionalmente como integrante de Israel.