Kanchenjunga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Kanchenjunga è a terceira montaña máis elevada da Terra con 8.586 msnm. Está situado na fronteira entre Nepal e o estado indio de Sikkim. Durante a primeira metade do século XIX, foi considerado como a cima máis elevada da Terra, pero en 1849, os servizos topográficos británicos comprobaron que o Everest e o K2 tiñan maior altura. O Kanchenjunga é o máis oriental dos "oitomil" do Himalaia.
Ascensións[editar]
O Kanchenjunga foi escalado por vez primeira o 25 de maio de 1955, por George Band e Joe Brown, nun equipo dirixido por Charles Evans. Os primeiros intentos datan de 1902, e na expedición morreran catro membros do equipo por causa dunha avalancha.