Foho Tatamailau
| Tatamailau | |
|---|---|
| Altitude | 2.963 m |
| Latitude | 8º 54' 23" S |
| Lonxitude | 125º 29' 35" E |
| Rexión | Timor Leste |
| Montaña | Cordilleira Central de Timor |
| Primeiro ascenso | |
| Tipo de volcán | Estratovolcán (Extinto) |
O Foho Tatamailau (ou Foho Ramelau) é unha montaña de Timor Leste, que cunha altura de 2.963 m é a maior elevación do país e de toda a illa de Timor. Durante a ocupación colonial portuguesa era denominado Pico do Ramelau.
Xeografía [editar]
O Ramelau é unha montaña de orixe volcánica, situado no centro da illa de Timor e no oeste de Timor Leste, no norte do distrito de Ainaro no límite do distrito de Ermera. A capital do país, Dili, está a uns 70 km cara o sur do pico.
Ascensión [editar]
O Tatamailau é unha montaña relativamente fácil de escalar. Desde Hatu Builico, sito a unha altitude de 1950 m tárdanse unha 2 horas e media en atinxir o cume. A 2.700 m de altura hai un altar a aire libre. Na cima hai, desde 1997, unha imaxe da Virxe María, e unha inscrición, en portugués, datada en 1938, indica que o pico era a maior elevación do Imperio portugués. Desde a cima, en días claros, pódese ver a costa setentrional e a meridional de Timor e máis tamén o illa de Atauro.
Contorno ambiental [editar]
Desde os 2.000 m de altura a zona está sob protección desde o ano 2000. Cunha superficie de 20.000 hectáreas é unha importante zona de aves salvaxes.
