Cerro Chirripó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerro Chirripó
O Cerro Chirripó

Elevación: 3.820 metros
Latitude: 9° 29′ 02″ N
Lonxitude: 83° 29′ 19″ O
Localización: Costa Rica
Cordilleira: Serra de Talamanca
Primeira acensión:  ? ?
Rota máis fácil: A pé desde San Gerardo de Rivas
[[]]

O Cerro Chirripó é unha montaña de 3.820 metros sobre o nivel do mar que constitúe o pico máis elevado de Costa Rica, na América Central.

Situación[editar | editar a fonte]

O Cerro Chirripó é un macizo que se ergue na serra de Talamanca, no centro-sur do país. Ocupa terras de tres departamentos: San José, Limón e Cartago. Desde o seu cume son visíbeis tanto o océano Pacífico como o mar Caribe, que bañan o istmo centroamericano.

Características fisiográficas[editar | editar a fonte]

Non é un volcán, como erradamente se indica nalgunhas fontes. A súa prominencia (elevación desde a base circundante) é de 3.727 metros, o que o converte nunha das maiores cimas da Terra, pois ocupa o lugar 38º na clasificación por ese risco. A partir aproximadamente dos 3.500/3.700 msnm nas súas ladeiras desenvolvése unha vexetación de selva húmida; por riba desa altura aparece unha vexetación de sabana con herbazais.

Aínda que na actualidade non adoita sufrir nevadas, no pasado, durante a era glaciar, desenvolveuse cerca da cima un lago desa orixe. Cerca está a fonte do río Chirripó, que corre até o Océano Pacífico.

Contorno ambiental[editar | editar a fonte]

O cerro está incluído no Parque Nacional de Chirripó, creado no ano 1975, que ocupa unha superficie de 50.150 ha. É un parque que acubilla unha grande riqueza en biodiversidade. Contabilízanse unhas 400 especies de paxaros - o monte é un refuxio para o quetzal resplandecente (Pharomachrus mocinno) -, así como mamíferos emblemáticos, tales o xaguar, o puma e o tapir. Na flora aparecen diversos endemismos. Porén os incendios sufridos nas décadas finais do século XX causaron graves danos no parque.

Ascensións[editar | editar a fonte]

O Cerro Chirripó é fácil de ascender sen que se precise de equipo especializado de escalada. O punto de partida sitúase na localidade de San Gerardo de Rivas. Existe un refuxio (Crestones) a uns 3.400 metros de altura, que vale de apoio. Porén, a ruta de ascenso está avaliada nunha duración de tres días de andaina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]