Monte Kékes
| Monte Kékes | |
|---|---|
|
|
|
| Elevación: | 1.015 metros |
| Latitude: | 47° 52′ 44″ N |
| Lonxitude: | 20° 0′ 37″ L |
| Localización: | Hungría |
| Cordilleira: | Montes Mátra |
| Primeira acensión: | Inmemorial |
| Rota máis fácil: | |
|
|
|
O monte Kékes [ˈkeːkɛʃ] é un cumio dos montes Mátra, que con 1.015 m de altura constitúe a maior elevación de Hungría.
Índice |
Situación [editar]
Forma parte dos Montes Mátra, un cordal meridional dos Cárpatos, que se ergue na zona setentrional de Hungría, no condado de Heves (Heves megye), a nordeste da capital, Budapest.
Economía [editar]
O Kékes é despois do lago Balatón e do río Danubio, o terceiro lugar natural máis visitado polos húngaros. Posúe hoteis e pistas de esquí, pois Lajosháza, unha localidade nos Mátra é o centro de deportes invernais do país. Ademais o monte fica dentro dunhas das zonas viñateiras de Hungría. Na cima hai un poste emisor de televisión e nos arredores un hospital de montaña para enfermidades respiratorias.
Nome [editar]
O nome Kékes deriva do vocábulo húngaro kék, que significa "azul", aludindo á cor que adoita mostrar a montaña de lonxe.