Monte Triglav
| Monte Triglav | |
|---|---|
|
|
|
| Elevación: | 2.864 metros |
| Latitude: | 46° 22′ N |
| Lonxitude: | 13° 49′ W |
| Localización: | Eslovenia |
| Cordilleira: | Alpes Xulianos |
| Primeira acensión: | 25.08.1778:Lovrenc Willomitzer, Luka Korošec, Stefan Rožič und Matija Kos |
| Rota máis fácil: | |
O monte Triglav ou Terglou (en alemán Dreikopf, en italiano Monte Tricorno) é con 2.864 m.s.n.m. o cume máis alto dos Alpes Xulianos e de Eslovenia.
O Triglav é un dos símbolos nacionais de Eslovenia, formando parte dos motivos centrais do escudo do país, e que se reproduce na bandeira. Segundo un antigo costume, cada esloveno debe subir polo menos unha vez na súa vida ao Triglav.
Índice |
Xeografía [editar]
Sitúase no medio do denominado Parque Nacional do Triglav, o único parque nacional esloveno, que se extende por 84.800 ha., no extremo noroeste do país e non demasiado lonxe das fronteiras con Austria e Italia. Con o seu típico perfil é inconfundíbel desde unha distancia duns 100 km. A súa parede norte sobre o val de Vratatal é impoñente pola súa anchura de 3 km e a altura de 1.500 m., o que a converten nunha das paredes máis elevadas dos Alpes orientais, xunto con as do Watzmann (cara leste) e do Hochstade (cara norte).
Hidrografía [editar]
Aos seus pés nacen dúas importantes correntes fluviais: o río Sava, que é un afluente do Danubio; e o Soča (italiano Isonzo), que, por contra, flúe cara o Mar Adriático.
No suroeste da montaña, hai tamén unha zona con sete lagoas, de orixe cárstica, denominada o Vale dos lagos do Triglav (en esloveno Dolina Triglavskih jezer).
O vigoroso relevo de paredes verticais do Triglav, como o doutros picos dos Alpes Xulianos, débese, en parte, aos materiais xeolóxicos de que están constituídos, que son maioritariamente calcarias e dolomitas.
Orixe do nome [editar]
O nome significa "tres cabezas" ou "tricéfalo". Triglav era tamén o nome dunha antiga divindade eslava, precisamente tricéfala, e así se representaba.
Curiosidades [editar]
Na cima áchase unha chamativa construción a "torre de Aljaž", un refuxio cilíndrico con estrutura metálica, que constitúe outro símbolo esloveno, e que sirve aos alpinistas de refuxio extremo durante as tempestades. Foi edificado o 7 de agosto de 1895 por Jakob Aljaž, un sacerdote de Dovje. Foi restaurado en 1922.