Monte Wilhelm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°48′00″S 145°02′00″L / -5.8, 145.03333333333

Monte Wilhelm

O Monte Wilhelm é o punto máis alto da Papúa Nova Guinea. Ten 4.509 m de altitude. Pero non é o punto máis elevado da illa de Nova Guinea, sendo superado pola Pirámide Carstensz, con 4.884 m, e polo Puncak Trikora, con 4.750 m, ambos na provincia de Irian Jaya, Indonesia.

Forma parte da Cordilleira Bismarck e o seu pico é un punto de intersección de tres provincias, Simbu, Western Highlands e Madang.

O pico é coñecido polo nome de Enduwa Kombuglu na lingua local kuman, unha lingua papuana.[1]

Algunhas fontes poñen ao Monte Wilhelm como o máis alto de Oceanía, incluíndo a Indonesia como parte de Asia (sueste asiático), incluíndose logo, na lista dos Sete Cumios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nolan, Riall W. (1983). Lonely Planet, ed. Bushwalking in Papua New Guinea (1ª ed.). ISBN 0908086415. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]