Monte Tahat
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Monte Tahat | |
|---|---|
|
|
|
| Elevación: | 3.303 metros |
| Latitude: | 23° 17′ 22″ N |
| Lonxitude: | 5° 32′ 1″ E |
| Localización: | Alxeria |
| Cordilleira: | Ahaggar |
| Primeira acensión: | |
| Rota máis fácil: | |
|
|
|
O Monte Tahat (en árabe: جبل تاهات) é con 3.003 m.sn.s.m. (antiga medida 2.919 m) a maior elevación de Alxeria. É tamén a maior altura do macizo de Ahaggar ou Hoggar.
Orixe e contorno [editar]
O Monte Tahat é de orixe volcánica. Está situado na zona árida do Sáhara central, erguéndose sobre un contorno de mesetas pedregosas.
O macizo do Ahaggar está poboado polos nómades tuaregs. No sudoeste do macizo levántase a localidade de Tamenghest (Tamanrasset).
Arte e cultura [editar]
Nas montañas do macizo téñense descuberto pinturas rupestres, datábeis nunha antigüidade comprendida entre 8000 a.C. e 2000 a.C.. A fauna e os labores agropecuarios representados nas pinturas mostran que o Sahara se desecou.
