Pico de Orizaba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pico de Orizaba
Pico de Orizaba.jpg
Pico de Orizaba, a montaña máis alta de México
Elevación: 5,750 m
Latitude: 19.01° N
Lonxitude: -97.16º W
Localización: México
Tipo: Estratovolcán
Última erupción: 1687
Primeira subida: 1848 por F. Maynard e G. Reynolds

O volcán Pico de Orizaba, tamén denominado Citlaltépetl, os nahualt da rexión coñéceno como Istactépetl, localízase no México e é a montaña máis alta deste país, a terceira na América do Norte e o terceiro volcán máis alto no hemisferio Occidental. Localízase no extremo oriental do complexo montañoso de Eje, na fronteira entre os estados de Veracruz e Puebla. Actualmente encóntrase dormente, mais non está extinto, tendo ocorrido as últimas erupcións en 1687 e anteriormente en 1630, 1613, 1569, 1566, 1545 e 1537.

A cidade de Orizaba encontrase no pé deste volcán. Próxima do Pico de Orixaba fica a Sierra Negra. Este volcán foi importante para as culturas dos Azteca e Totonaca. O pico e os terreos circundantes son parte dun parque nacional. É posíbel subir até ao cumio do pico, xa que existen camiños de aproximación e escalada.