Monte Ararat
| Monte Ararat | |
|---|---|
|
O Monte Ararat, co pequeno Ararat á dereita (Landsat, NASA).
|
|
| Elevación: | 5165 metros |
| Latitude: | 39° 42′ 0″ N |
| Lonxitude: | 44° 17′ 0″ L |
| Localización: | Turquía |
| Cordilleira: | Cáucaso |
| Primeira acensión: | 27 de setembro de 1829, J. J. Friedrich Parrot xun. e 4 estudantes |
| Ruta máis fácil: | Iğdır |
O monte Ararat (turco Ağrı; armenio Արարատ; persa آرارات; hebraico אררט, Hebraico standard Ararat, Hebraico Tiberiano ʾĂrārāṭ), a máis alta montaña da moderna Turquía, é un cono volcánico cuberto de neves eternas e localizado no extremo nordés de Turquía, a 16 km a oeste do Irán e a 32 km ao sur da Armenia. O Xénese identifica esta montaña como o lugar onde a Arca de Noé pousara en terra firme despois do Diluvio.
Índice |
Xeoloxía [editar]
Un cono un pouco menor (3.896 m), o Pequeno Monte Ararat, sitúase ao suroeste do pico principal. O leito de lava espállase entre os dous picos. Tecnicamente, o monte Ararat é un estratovulcán, formado de correntes de lava e exección piroclástica.
Nunca se rexistrou ningunha erupción no monte Ararat, mais suponse que teña habido erupcións nos últimos 10.000 anos. Distante de calquera placa continental, a causa do vulcanismo do monte Ararat non é ben comprendida polos científicos.
Ascensión [editar]
O monte Ararat foi escalado pola primeira vez o 27 de setembro de 1829, por Johann-Friedrich von Parrot xun., Reitor da Universidade Dorpat (Estonia), acompañado de catro estudantes.
A Arca de Noé [editar]
Na fin da década de 1950, causaron grande alborozo científico uns vestixios coa forma dunha embarcación en fotos aéreas do Ararat, ata que algunhas expedicións identificaron eses vestixios como efectos topográficos e lava.
O Ararat e Armenia [editar]
A pesar de estar localizado en Turquía, o Monte Ararat é o símbolo nacional de Armenia, onde ás veces se chama Masis (Մասիս), e aparece no centro do brasón de Armenia. A montaña é perfectamente visible desde varios puntos de Armenia, incluíndo a capital Iereván, e represéntase frecuentemente en obras de artistas.