Gerlachovsky Stit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monte Binga
Vista do Gerlachovsky Stit e seu característico circo

Elevación: 2.665 metros
Latitude: 49° 10′ 02″ N
Lonxitude: 20° 07′ 52″ E
Localización: Eslovaquia
Cordilleira: Alto Tatra
Primeira acensión: 1834: Ján Still
Rota máis fácil: Velická próba e Batizovská próba
Localización do Gerlachovsky Stit en Eslovaquia

O Gerlachovský štít é unha montaña de 2.655 m.s.n.m., que constitúe non só a máxima elevación de Eslovaquia e dos Montes Tatra, senón tamén grande cordilleira europeo-oriental dos Cárpatos. Sitúase no norte do país, nas proximidades da fronteira con Polonia.

Aínda que a súa altura é relativamente baixa, mostra un acentuado aspecto elevado, debido a que se ergue uns 2.000 m sobre as terras da base.

Variantes do nome[editar | editar a fonte]

Coloquialmente é denominado Gerlach ou Gerlachovka. O seu nome alemán Gerlsdorfer Spitze estivo tamén moi difundido mentres Eslovaquia formou parte do Imperio Austro-húngaro, sendo nesa época do que era a súa maior elevación do Reino de Hungría. Entre 1918, data da disolución dese imperio centroeuropeo, e 1993 foi o pico máis elevado de Checoslovaquia.

Significado do nome[editar | editar a fonte]

O nome procede da aldea de Gerlachov (en alemán Ger(e)lsdorf), situado ao pé da montaña. É corrente que moitos montes dos Cárpatos leven o nome dunha localidade situada aos pés.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

O macizo do Gerlachovsky Stit está formado por granito e granodiorita. Estas rochas foron modeladas por catro grandes glaciacións, polo menos, responsábeis da plástica da montaña con circos e cantís, que lle dan o seu imponente aspecto.

Altura[editar | editar a fonte]

En 1868 foi recoñecido como a cima máis alta dos Montes Tatra polos servicios xeográficos austro-húngaros. Porén, ese feito fora xa demostrado en 1838, polo gardabosques Ľudovít Greiner, que efectuou unha boa medida da montaña, con só 3 m de desviación da que sería recoñecida noventa anos despois como oficial. No ano 1927 a altura foi estabelecida oficialmente en 2.655 m. Con todo medicións recentes danlle unha altitude de 2.654,4 m.

Denominacións coloquiais[editar | editar a fonte]

Como a montaña ten nas proximidades da cima un enorme circo, ben visíbel desde a lonxanía, que é denominado na comarca veciña como Kotlový štít que significa "Pico da Caldeira" (a caldeira é o circo), polo mesmo chámase en alemán: Kesselspitze. A caldeira está 2.601 m no mesmo Gerlachovský štít. Nas cercanía hai outras cimas que levan o mesmo nome da aldea de Gerlach, como Gerlachovská veža (2.642 m), en alemán Gerlachturm, é dicer "Torre de Gerlach" e o Zadný Gerlach (2.616 m), en alemán Hintergerlach, ou "Pico de Tras-Gerlach".

Ascensións[editar | editar a fonte]

A primeira escalada ben confirmada foi realizada en 1834 por Ján Still, morador na aldea de Nová Lesná. Desde 1880 dúas rutas,a través de Velická próba e Batizovská próba, polos respectivos vales, foron aseguradas con cadeas. Son aínda hoxe os camiños de acceso máis doados á cima. Debe terse en conta que as condicións climáticas da montaña mudan con frecuencia e imprevisibelmente. As temperaturas medias no cume oscilan entre 5º C no verán e -11º C nos meses invernais.

Medioambiente[editar | editar a fonte]

O Gerlachovský štít está incluído dentro do Parque Nacional do Tatra, ao que debe consultarse sobre autorizacións de escaladas pois ten normas de acceso restrinxidas, para protexer o medioambiente da zona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]