Wallis e Futuna
| Territoire des Îles Wallis et Futuna Territorio das Illas Wallis e Futuna |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Wallis-e-Futuna é unha colectividade de ultramar francesa, situada no hemisferio sur, no Océano Pacífico e pertencente a Oceanía. A capital é Mata-Utu, tamén capital da illa Wallis. Composto de tres illas, Wallis, Futuna e Alofi, o arquipelago atopase entre Nova Caledonia e Tahití.
Estas illas de releve volcánico e coas costas, protexidas por un cinto de arrecifes, son difícil acceso. O clima é tropical, caloroso e húmido.
As illas Wallis e Futuna son tres monarquías tradicionais : Wallis, Alo e Sigava, onde os reis gobernan con consellos elixidos e mailo representante do Estado francés.
A moeda é o franco CFP.
Índice |
Historia [editar]
A pesar de que foron descubertas polos holandeses e os ingleses durante os séculos XVII e XVIII, foron os franceses os primeiros europeos en asentarse no territorio, isto coa chegada de misioneiros franceses en 1837 os cales converteron ao catolicismo á poboación local. O 5 de abril de 1842, os reis solicitaron a protección de Francia logo dunha rebelión por parte da poboación local. En abril de 1887, a Raíña de Uvea (na illa de Wallis) asinou un tratado establecéndose oficialmente o protectorado francés. Os reis de Sigave e Alo nas illas de Futuna e Alofí tamén asinaron un tratado establecendo o protectorado o 16 de febreiro de 1888. As illas foron postas baixo a autoridade do Imperio Colonial Francés de Nova Caledonia.
En 1917, os tres reinos tradicionais foron anexados a Francia e convertidos na Colonia de Wallis e Futuna, a cal seguiu baixo a autoridade de Nova Caledonia.
En 1959, os habitantes das illas votaron por converterse nunha Territorio de Ultramar Francés, estatuto que entrou en vigor en 1961, terminándose así a subordinación a Nova Caledonia.
Política [editar]
O territorio esta dividido nos tres reinos tradicionais: Uvea na illa de Wallis, Sigave na parte occidental de Futuna e Alo na illa de Alofí e na parte oriental de Futuna. A capital do territorio é Mata-Utu, na illa de Wallis. Por ser un territorio de Francia, está rexido pola Constitución Francesa do 28 de setembro de 1958, usa o sistema legal francés e o voto é universal para aqueles maiores de 18 anos. O Alto Comisionado é elixido polo presidente francés, aconsellado polo Ministro do Interior francés, o Presidente do Goberno Territorial e a Asemblea Territorial son elixidos polos membros da asemblea.
O Xefe de Estado é o presidente de Francia, representado polo Alto Comisionado. O xefe de goberno é o Presidente da Asemblea Territorial. O Consello do Territorio está formado polos tres reis e por tres membros apuntados polo alto comisionado xunto coa Asemblea Territorial.
Wallis e Futuna elixen un senador para o Senado francés e un deputado para a Asemblea Nacional Francesa.
A xustiza é administrada baixo a Lei Francesa por un tribunal de primeira instancia en Mata-Utu, pero os tres reinos tradicionais administran a xustiza de acordo aos seus costumes (só en casos non criminais). A corte de apelacións esta en Numea, Nova Caledonia.
Xeografía [editar]
Wallis e Futuna esta localizada a preto de dúas terceiras partes do camiño entre Hawai e Nova Celandia.
O territorio inclúe a illa de Wallis (a máis poboada), e as Illas Hoorn formadas pola illa de Futuna, a illa inhabitada de Alofi (toda a poboación de Alofi foi comida polo pobo caníbal de Futuna nun só ataque no século XIX) e por 20 illotes inhabitados, sumando un total de 274 km² con 129 km de costa. O punto máis alto do territorio é Monte Singavi na illa de Futuna con 765 m.
Contan cun clima cálido e chuvioso dos meses de novembro a abril, e fresco e seco de maio a outubro. A precipitación anual é da orde dos 2500 a 3000 mm. A humidade media é do 80% e a temperatura de 26.6 °C.
Só o 5% da terra das illas é cultivable. A deforestación (só quedan pequenas porcións do bosque orixinal), en gran medida como resultado do uso da madeira como combustible, é un serio problema, e como consecuencia desta, o chan montañoso de Futuna atópase particularmente propenso á erosión. Non existen asentamentos permanentes en Alofí debido á falta de fontes de auga doce.
Economía [editar]
A economía do territorio esta limitada á agricultura de subsistencia, co 80% da poboación traballando na agricultura (cocoteiros e vexetais), gandería (porcos principalmente) e pesa. Cerca do 4% da poboación é empregada no goberno. Os principais ingresos proveñen dos subsidios do goberno francés, licenzas de pesca outorgados a Xapón e Corea do Sur, impostos por importacións e as remesas dos traballadores expatriados en Nova Caledonia.
O produto interno bruto en 1995 foi de US$ 28.7 millóns, preto de US$ 2,000 per capita. O territorio ten ingresos de preto de US$20 millóns anuais, contra gastos por US$17 millóns.
A principais industrias do territorio son a copra, utensilios, pesca e a madeira. A produción de alimentos inclúe o froito da árbore do pan, plátanos, cocos, porcos e ovellas. O comercio exterior realízase sobre todo con Francia, Australia e Nova Celandia.
O territorio utiliza o Franco CFP, do mesmo xeito que os outros territorios franceses no Pacífico: Nova Caledonia e a Polinesia Francesa. El Franco CFP está atado ao Euro a unha taxa de 1,000 XPF = 8.38 Euros.
Demografía [editar]
O total da poboación do territorio en 2003 foi de 14.944 (67,4% na illa de Wallis, 32.6 en Futuna), a gran maioría é de orixe polinesio e en menor proporción de orixe francesa. Máis de 16.025 persoas orixinarias de Wallis e Futuna viven expatriados en Nova Caledonia. A maioría da poboación profesa a fe católica, falan francés e o idioma polinesio local. A metade da poboación con máis de 15 anos sabe ler e escribir.
Cultura [editar]
A cultura das illas é tipicamente polinesia. Notablemente a música das illas conta cunha rica tradición.
Transporte e Comunicacións [editar]
En 1994 o territorio tiña 1.125 teléfonos en uso, 1 estación de radio AM e 2 estacións de televisión. Na illa de Wallis existen preto de 100 km de estradas, 16 pavimentados, mentres que en Futuna só hai 20 km, ningún pavimentado. O territorio conta con dous portos, Leava (na illa de Futuna), e Mata-Utu, o cal alberga á mariña mercante consistente de 3 barcos totalizando 92.060 GRT: 2 barcos de pasaxeiros e un petroleiro. Existen 2 aeroportos, un cunha pista pavimentada de 2.000 m de longo e outra con 1.000 m sen pavimentar.
