Monte McKinley
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Monte McKinley - Denali | |
|---|---|
| Elevación: | 6.194 metros |
| Latitude: | 63° 04′ 10″ N |
| Lonxitude: | 151° 00′ 26″ O |
| Localización: | Alaska, Estados Unidos |
| Cordilleira: | Cadea de Alaska |
| Primeira acensión: | 07.06.1913:Hudson Stucks e outros |
| Rota máis fácil: | West Buttress Route |
|
|
|
O Monte McKinley, sito en Alaska, cunha altura de 6.194 metros é a montaña de maior elevación de América do Norte e dos Estados Unidos. Forma parte da grande cadea de Alaska, un arco montañoso de 960 km, que se estende através da zona sudoriental do estado. Esta cadea é unha porción dos grandes cordais occidentais do continente, que se estenden desde Alaska até as costs de California, e a depresión do Val da Morte.
O monte é denominado polos nativos Denali ("a grande montaña"), que é aínda o nome que recoñece oficialmente o estado de Alaska. Foi, porén, renomeado Monte McKinley en 1896 polos colonos euro-americanos, en honra do presidente estadounidense William McKinley.
[editar] Ascensións
A primeira ascensión do McKinley aconteceu o 7 de xuño de 1913, a cargo dunha expedición guiada por Hudson Stuck. Unha suposta escalada no 1903, por Frederick Cook, demostrouse moi logo que era un fraude. No 1947, Barbara Washburn foi a primeira muller que alcanzou a cima. Na actualidade a montaña é escalada con regularidade, pero segue a ser unha empresa perigosa e da que resultan bastantes incidentes.

