Monte Titano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do Monte Titano, San Mariño, desde o nordeste
Localización do Titano no centro do país

O monte Titano é unha montaña dos Apeninos toscano-romañolos que se eleva a 739 m sobre o nivel do mar. É a maior altura da República de San Mariño e sobre a súa parte noroeste está asentada a capital do país. A causa da súa grande extensión o seu nome con frecuencia é utilizado para referirse á república mesma.

Descrición[editar | editar a fonte]

O monte Titano preséntase como un áspero cantil calcáreo, situado relativamente próximo ao mar a respecto da cadea dos Apeninos. Emerxe con 200 metros de altitude, sobre un baseamento arxiloso, sito a 500 m sobre o nivel do mar. A voo de paxaro dista tan só 13 km do Mar Adriático.

Sobre da súa cima atópanse as tres rochas de San Marino: denominadas Cesta, Guaita e Montale.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Na Era Terciaria, onde agora se sitúa a República sanmariñense, estaba ocupado polo mar. Violentos terremotos provocaban fortes convulsións da superficie terrestre e, a causa dun destes fenomenais sucesos, unha masa rochosa, distante uns 80 km do actual monte, foi erguida e lentamente esvarou cara o Mar Adriático. Esta masa rochosa doe orixe a varios montes, entre os que se poden citar o Fumaiolo e máis o Monte Titano. Consonte os expertos, o Titano está suxeito a un levantamento irregular bradisísmico que fai tremer os edificios na zona da Cidade de San Mariño.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

No monte nacen algunhas correntes de auga, como o San Mariño, que desemboca no río Marecchia en Torello; o Cando, afluente do Marano e máis o Riccione e o Ausa que desaugan en Rimini no Adriático.

Achados fósiles[editar | editar a fonte]

Os fósiles de vertebrados atopados nas pendentes do Monte Titano son os máis de peixes, dado que a zona, como se dixo, estivo nun tempo cuberta do mar. Abundan os dentes, en especial, de escualos.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

A vexetación é típica mediterránea, con árbores como castiñeiros ou cipreses, e arbustos como a xesta. Sobre os penedos do monte Titano aparece a Ephedra nebrodensis, planta típica de Sicilia e de Sardeña.

A fauna é variada, pois conviven rapaces diúrnas e nocturnas (peneireiros, curuxas e mouchos) e mamíferos de tamaño grande ou mediano (xabaríns, raposas, corzos, gamos), xunto con outros de pequeno (lebres, donicelas, ourizos-cacheiros, teixugos, garduñas).

Poboamento lendario[editar | editar a fonte]

De acordo con a lenda, San Mariño, pedreiro de Arbe, prdto de Rimini, refuxiouse no monte Titano para escapar das persecucións anticristiáns, fundando alí unha comunidade: a República de San Mariño. Artisticamente o santo é sempre representado con o Monte Titano entre as mans.

Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

En 2008, o Monte Titano foi inscrito pola UNESCO na lista do Patrimonio Mundial da Humanidade, xunto con o centro histórico de San Mariño.[1]Segundo o comité selector polo mantemento de San Mariño como unha república libre desde a Idade Media.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Inscrición no Patrimonio da Humanidade