K2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°52′57″N 76°30′48″E / 35.88250°N 76.51333°E / 35.88250; 76.51333

K2
O K2
Altura: 8611 metros
Posición 2
Latitude: 35° 53' M
Lonxitude: 76° 31' E
Localización: Gilgit-Baltistan (China-Paquistán)
Masivo: Karakoram
Primeira acensión: 31 de xullo de 1954 por Lacedelli & Compagnoni
Rota máis fácil: ascensión sobre pedra/neve/xeo

O K2 (tamén coñecido como Mont Godwin-Austen, Chogori ou Dapsang) é unha montaña do Himalaia no masivo de Karakoram, na fronteira sino-paquistanesa (na rexión da Cachemira ocupada). É o segundo pico máis alto do mundo, despois do Everest, cunha altitude de 8.611 metros.

Ascensións[editar | editar a fonte]

Foi explorado pola primeira vez por un europeo en 1856. T.G. Montgomery, na expedición liderada por Henry Habershan Godwin-Austen, designouno como "K2" ("Karakoram 2").

A ascensión do K2 é considerada moito máis difícil que a do Everest. Ata Xuño de 2000, 189 persoas tiñan conseguido atinxir o cumio, en canto que case 1500 xa escalaran o Everest. 49 persoas morreron tentando a ascensión, 13 das cales en 1986. A primeira tentativa profesional de ascensión foi no 1902, mais a pesar de cinco tentativas infrutíferas e mortais, o seu cumio non foi atinxido ata que unha expedición italiana realizou este feito o 31 de xullo de 1954. A expedición estaba liderada por Ardito Desio, e os dous alpinistas que atinxiron o cumio foron Lino Lacedelli e Achille Compagnoni.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: K2 Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Os oitomiles
Everest - K2 - Cancheniunga - Lhotse - Macalu - Cho Oiu - Daulaguiri
Manaslu - Nanga Parbat - Annapurna I - Gasherbrum I - K3 - Gasherbrum II - Xixapangma