Hombori Tondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 15°15′26″N 01°40′08″W / 15.25722°N 1.66889°W / 15.25722; -1.66889

Hombori Tondo
O Monte Hombori

Elevación: 1.155 metros
Latitude: 15° 15′ 25″ N
Lonxitude: 1° 40′ 8″ L
Localización: Malí
Cordilleira: Cantís de Bandiagara - Gandamia
Primeira acensión: 1959
Rota máis fácil:
Localización do Hombori no sur da Malí

O monte Hombori é un macizo rochoso, con cume aplanado, que cos seus 1.155 metros sobre o nivel do mar constitúe o punto máis alto de Malí, en África Occidental.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Hombori Tondo é unha prolongación dos cantís de Bandiagara na rexión maliana de Mopti, moi preto da aldea homónima de Hombori e a unha distancia de 100 km da cidade de Douentza.

Historia e etnografía[editar | editar a fonte]

Contén xacementos arqueolóxicos, con varias grutas que estiveron habitadas hai uns 2000 anos. A poboación que actualmente vive nas proximidades do Hombori pertence ás etnias dogón e songhai.

Medio[editar | editar a fonte]

O Hombori Tondo constitúe un lugar singular ao estar a súa cima virxe durante miles de anos. A ameaza principal para o entorno estriba no crecente turismo atraído sobre todo polo efecto "dogón".