Jebel Shams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Jebel Shams
O Jebel Shams localízase ao oeste de Mascate

Jebel Shams ou Jebel as-Shams {en árabe: جبل شمس , Monte do Sol) é un montala localizada no nordeste de Omán , que con 2.980 m[1] de altitude constitúe a maior elevación do país, e tamén da parte oriental da Península Arábiga.

Descrición[editar | editar a fonte]

O Jebel Shams forma parte da cadea dos Montes Al-Hajar, un cordal montañoso que se estende polo interior do país, no nordeste, a unha distancia da costa que oscila entre os 50 km e os 250 km. O material montañoso está constituído por rochas ígneas e consiste en serpentina, diorita e basalto, rochas típicas das rexión do sueste da Península Arábiga.

O clima da zona é bastante extremado, aínda que o país está atravesado polo Trópico de Cáncer, de modo que a temperatura media no verán é duns 20 °C, pero no inverno as medias caen até baixo 0 °C.

O teito da cadea, o Jebel Shams, está incluído nun macizo menor da cadea, o Jebel Akhdar, ou Montaña Verde. Neste macizo as precipitacións son algo maiores, duns 300 mm anuais, o que permite o mantemento de horticultura, principalmente árbores froiteiras (milgrandas, pexegos, noces), no fondo dos vales, que xustifican a denominación de verde.

O Jebel Shams érguese a uns 150 km ao oeste da capital, Mascate, pero só dista uns cantos quilómetros da cidade de Nizwa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Vista desde a cima do Jebel Shams

Notas[editar | editar a fonte]

  1. a altura do monte ten sido dada en rangos de cifras que van desde os citados 2.980 m até 3.075 m, esta é a cifra oficial que fornece o Ministerio de Información de Omán

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]