Jabal Katrina
| Monte Tahat | |
|---|---|
| Elevación: | 2.637 metros |
| Latitude: | 28° 30′ 31″ N |
| Lonxitude: | 33° 57′ 19″ E |
| Localización: | Exipto |
| Cordilleira: | Montes do Sinaí |
| Primeira acensión: | Inmemorial |
| Rota máis fácil: | |
|
|
|
O Jabal Katrina (en árabe: جبل كاثرين) é unha montaña con 2.637 metros de altura que constitúe a maior elevación orográfica de Exipto.
Índice |
Nome [editar]
O nome Jabal Katrina é unha transcrición do árabe, cuxa tradición literal é "montaña" (jabal) de "Catalina" (Katrina), en alusión a Santa Catalina. Pode traducirse por Monte Catalina ou talvez, mellor, como Monte de Santa Catalina. Así en francés é mont Sainte-Catherine
Situación [editar]
O Jabal Katrina érguese no sur da península do Sinaí, no noroeste do territorio exipcio, na gobernación de Janub Siná.
Tradicións relixiosas [editar]
O Jabal Katrina corresponde ao lugar no que Moisés recibíu as táboas da Lei, e non o que actualmente se identifica como o monte Sinaí.
Nunha aba do monte edificouse, desde moi antigamente, o mosteiro de Santa Catalina, que fica en realidade entre dúas elevacións: unha que corresponde ao cume onde Moisés recibíu as táboas da lei, e outra onde o corpo martirizado de Santa Catalina foi depositado por anxos, segundo a tradición.