Monte Aragats

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Aragats
O Aragats localízase no noroeste de Armenia

O Monte Aragats ("Արագած" en armenio) con 4.095 m de altitude é o punto máis elevado de Armenia.

Situación e características[editar | editar a fonte]

O Aragats érguese na provincia de Aragatsotn, no noroeste do país e da súa capital Iereván. É un antigo estratovolcán extinto, cunha cima cuádruple de picos que conforman as beiras do cráter. No sur da montaña ubícase a importante cidade de Ashtarak, e noutros lados aséntanse vilas e aldeas.

Usos da montaña[editar | editar a fonte]

O monte é un popular destino alpinístico para os montañeiros locais e visitado por turístas nos meses estivais . Nas súas ladeiras levántase o Observatorio Byurakan, ben coñecido, un dos prinicipais observatorios astronómicos mundiais, e a fortaleza Amberd, medieval.

Lendas[editar | editar a fonte]

Segundo unha lenda, Grigor Lusavorich (Gregorio o Iluminador), subíu até o cume do Aragats para rezar, sendo testemuña dunha luz que baixou desde o ceo até a súa persoa. A lenda sostén que a mesma luz é visible hoxe, mais só os elixidos son quen de vela.

Galería[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Monte Aragats