Monte Fuji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monte Fuji
Monte Fuji ao amencer
Elevación: 3.776 m
Latitude: 35°22′ N
Lonxitude: 138°44′ E
Localización: Honshu, Flag of Japan.svg Xapón
Tipo: Estratovolcán
Última erupción: 1707
Primeira subida: 663 por un monxe anónimo

O Monte Fuji[1] (富士山 ふじさん Fuji-san), na illa de Honshu, é a máis alta montaña do Xapón. É un volcán activo, malia estar considerado de baixo risco de erupción. Desde o 22 de xullo de 2013 forma parte do patrimonio mundial ou da humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco).

Características[editar | editar a fonte]

Aínda que o Monte Fuji pareza ser un cono único e simétrico, no interior é máis complexo do que se poida imaxinar. O cono que nós chamamos de Monte Fuji está realmente constituído por tres volcáns sobrepostos: Komitake, Older Fuji e Younger Fuji. Un ollar atento e próximo da silueta das montañas revela irregularidades que son resultado desta sobreposición. Por exemplo, unha lixeira elevación da inclinación na zona norte da montaña, a cerca de 2.301 metros de altitude, fai parte do cume do cráter de Komitake, o máis antigo dos tres volcáns, que estivo activo durante o Plistoceno. O Older Fuji estivo activo entre 80.000 e 10.000 anos atrás. Os acontecementos volcánicos que tiveron lugar nos últimos 10.000 anos contribuíron no crecemento do Younger Fuji, a montaña que vemos actualmente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Enciclopedia Galega Universal denomínao Fuji-San ou Fuji-Yama e a Diciopedia do século 21 Fujiyama

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]