Soira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O monte Soira localízase no centro do país

O Soira ou Emba Soira é a montaña máis elevada de Eritrea, con 3.018 m sobre o nivel do mar.

Situación[editar | editar a fonte]

O Emba Soira, está situado no centro do país, na rexión de Debub, a sueste de Asmara, a capital. Forma parte das Terras Altas de Eritrea, que bordean o Great Rift Valley, que corta o país e se continúa a través do Mar Vermello.

Viaxe[editar | editar a fonte]

Pódese chegar até o Emba Soira seguindo unha estrada pavimentada que alcanza até Adi Keyh, unha vila sita a 93 km da capital, Asmara , desde aí hai que viaxar uns 20 km a través dunha difícil pista que leva en dirección leste. O resto deberá facerse a pé durante varias horas.