Terras Austrais e Antárticas Francesas
| Terres australes et antarctiques françaises Terras Austrais e Antárticas Francesas |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Os Territorios Austrais Franceses son un conxunto de dependencias de ultramar pertencentes a Francia. A denominación francesa oficial (Terres austrais et antarctiques françaises) implica a reivindicación de territorios antárticos, non recoñecida internacionalmente.
Xeografía [editar]
O territorio comprende o arquipélago de Kerguelen, o de Crozet e as Illas Saint-Paul e Amsterdam. En total o territorio posúe unha superficie de 7.829 km² (sen incluír as terras antárticas), cunha poboación variable que non supera os 200 habitantes na súa ocupación álxida. As terras antárticas que Francia reivindica é a denominada Terra Adelia (Terre Adélie), onde se sitúa a estación permanente Dumont D'Urville; en total, uns 432.000 km².
Os territorios adminístranse desde Saint-Denis, capital do departamento da illa Reunión.
Flora e Fauna [editar]
As comunidades terrestres das illas do sur son relativamente pobres e degradadas, pero o seu endemismo é alto: o 90% dos invertebrados de Crozet só viven nas illas subantárticas do Océano Índico e o 55% están presentes no arquipélago. Estes actúan como sentinelas en termos de cambio climático e o impacto na capa de ozono.
Desde outubro de 2006, foi creada unha reserva natural . Inclúe todas as terras mergulladas (7.000 km²) e os espazos marítimos circundantes (15.700 km²).
Administración [editar]
Terras Austrais e Antárticas Francesas forman un un territorio de ultramar de Francia desde 1955. Anteriormente, eran administrados por París por un administrador superior asistido por un secretario xeral, desde decembro de 2004, o seu administrador é un prefecto, actualmente Rollon Mouchel-Blaisot, con sede en Saint-Pierre na Illa da Reunión.
O territorio está dividido en cinco distritos:
| Distrito | Capital | Poboación invernal | Poboación veraniega | Área (km²) |
ZEE (km²) |
|---|---|---|---|---|---|
| Illa Saint Paul e Amsterdam | Martin-de-Viviès | 25 | 45 | 61 | 502533 |
| Arquipélago Crozet | Alfred Faure | 25 | 45 | 352 | 567.475 |
| Arquipélago das Kerguelen | Port-aux-Français | 70 | 110 | 7.215 | 563.869 |
| Terra Adelia | Dumont d'Urville Station | 30 | 110 | 432.000 | - |
| Illas dispersas(1) | Saint-Pierre(2) | 56 | 56 | 38´6 | 593.276 |
| TAAF | Saint-Pierre(3) | 150 | 310 | 439.781 | 2274277 |
(1) Segundo a nova lei 2007-224 de 21 de febreiro 2007 illas dispersas constitúen o 5º distrito das TAAF. O sitio web da TAAF non mencionan a súa poboación. Os datos non se inclúen nos totais.
(2) A principal estación das illas dispersas está en Tromelin. A sede do xefe de distrito, San Pedro, que é tamén a capital da Reunión, atópase fóra da TAAF.
(3) A estación principal do territorio é Martin-de-Viviès en Amsterdam. A capital e sede da administradora do territorio, San Pedro, que é tamén a capital da Reunión, atópase fóra da TAAF.