Ras Dashan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ras Dashan
O Ras Dashan no fondo cuberto de nubes

Elevación: 4.549 metros
Latitude: 13° 14′ 12″ N
Lonxitude: 38° 22′ 21″ E
Localización: Etiopía
Cordilleira: Montes Semien
Primeira acensión: 1841:Ferret e Galinier
Rota máis fácil:
Localización do Ras Dashan no norte de Etiopía

O Ras Dashan (tamén transcrito Ras Dashen e Ras Dejen; en ge'ez rās dejen, literalmente "cabeza gardiá", pero cabeza aquí vale por montaña) é o monte con maior altura de Etiopía. Está incluído no Parque Nacional dos Montes Semien, e alcanza unha altitude de 4.549 m.s.n.m.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O monte localízase a uns 160 km ao norte do lago Tana, na cadea dos Montes Simien, e sobresae entre outros nove cumes importantes. É o único pico de Etiopía que está nevado en inverno. Xeoloxicamente é unha enorme rocha basáltica, de orixe volcánica.

Desacordos na altura[editar | editar a fonte]

As medicións habituais outorgábanlle unha altura de 4.533 m. Unha medición de 4.620 m, demostrouse que era inconsistente. Máis recentemente un equipo franco-italiano de DGPS medía unha lixeira maior elevación dando 4.549 metros, que está de acordo con as ofrecidas polas autoridades cartográficas de Etiopía.

Transcrición do nome[editar | editar a fonte]

Aínda que a transcrición do nome ofrecido polo Servizo Cartográfico de Etiopía resulta no topónimo "Ras Dejen", máis o uso fixo que "Ras Dashan" ou "Ras Dashen" sexa moito máis utilizados.

Primeira ascensión[editar | editar a fonte]

A primeira ascensión por occidentais debeu efectuarse en 1841, polos oficiais franceses Ferret e Galinier; porén as ascensións de autóctonos son moi posíbeis desde tempos inmemoriais polas boas condicións climáticas que ofrece o pico e a existencia de asentamentos pastorís a elevada altura.