Monte Binga
| Monte Binga | |
|---|---|
|
|
|
| Elevación: | 2.436 metros |
| Latitude: | 19° 40′ 27″ S |
| Lonxitude: | 33° 03′ 39″ E |
| Localización: | Mozambique |
| Cordilleira: | Montes Chimanimani |
| Primeira acensión: | ? |
| Rota máis fácil: | ? |
|
|
|
O Monte Binga é o punto de maior altitude de Mozambique, con 2.436 m.s.n.m.
Situación [editar]
Está situado na provincia de Manica, no oeste do país, moi perto da fronteira con Cimbabue, e á latitude aproximada da cidade de Chimoio, da que dista uns 100 km. Forma parte das elevacións meridionais do Great Rift Valley, a enorme falla que percorre a África Oriental de norte a sur. O Binga pode considerarse como unha continuación das cadeas montañosas de Cimbabue, que se prolongan cara Mozambique.
Protección [editar]
A montaña está encadrada nas lindes setentrionais do Parque Nacional de Chimanimani, compartido con o veciño país de Cimbabue. Da súa área total, 1.756 km² están en territorio mozambicano.
Escalada [editar]
As guías turísticas recomendan tentar a ascensión do Monte Binga durante a estación seca e tomar previsións sanitarias, pois o hospital máis próximo fica en Chimoio, con condicións dificultosas de comunicación.