Monte Stanley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 0°23′09″N 29°52′18″L / 0.38583333333333, 29.871666666667

O monte Stanley e, á esquerda, o pico Alexandra.
Localización do Stanley (Margherita Peak) no mapa de Uganda.

O Monte Stanley, tamén denominado Pico Margarida (Margherita Peak), e Monte Ngaliema, cunha altura de 5.109 m é a cima máis elevada dos montes Ruwenzori e máis da República Democrática do Congo e de Uganda, polo cume do cal pasa a fronteira entre ambos dous países. E aínda é o terceiro pico máis alto do continente africano.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O rochoso monte Stanley, que forma parte dos boscosos e xeados montes Ruwenzori, érguese sobre o planalto Stanley, a uns 40 km ao norte do Ecuador e a oeste da enorme foxa do Gran Val do Rift, entre os lagos Alberte, ao norte, e Eduardo, ao sur.

Medioambiente[editar | editar a fonte]

Aínda que o Stanley fica na zona de calores tropicais, desde unha altura de 4.500 mostra partes xeadas e desde o 4.800 é dominio de fortes ventisqueiros, que xacen cubertos de campos de neve, e desde os cales se orixinan regos de montaña. Nas súas abas ubícanse lagos de montaña e vive unha exuberante fauna e vexetación propia das selvas tropicais.

Terceira cima de África ?[editar | editar a fonte]

Aínda que o Stanley é citado, correntemente, como o terceiro cume africano, tras o monte Kilimanjaro e o monte Kenya, algúns autores lembran que o monte Mawenzi, de 5.148 m de altura, aínda que é unha cima secundaria do Kilimanjaro, supera ao Stanley.

O Stanley e os seus veciños[editar | editar a fonte]

O monte Stanley é, en realidade, un macizo do que forman parte outros picos:

  • O Pico Margarida ou Margherita Peak, é, con 5.109 m, a cima do macizo (téñenselle adxudicado outras altitudes: 5.110 m, 5.119 m ou 5.120 m), que divide Uganda da República Democrática do Congo, e ao que seguen:
  • O Pico Alexandra (5.091 m), xa na República Democrática do Congo,
  • O Pico Albert (5.087 m), tamén na República Democrática do Congo.

Ascensións[editar | editar a fonte]

A cima do Stanley foi alcanzada, por vez primeira por occidentais, polo famoso viaxeiro e alpinista italiano Luigi Amedeo di Savoia, duque dos Abruzos, no ano 1906. O nome de Pico Margarida foille posto, en honra da raíña Margarida de Savoia, polo duque.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]