Huascarán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do Huascarán e a Cordillera Blanca desde Jimbe
O Huascarán localízase no centro do Perú

O 'Huascarán, con 6.768 metros, é a cima máis alta do Perú e a cuarta maior da América do Sur. Está situada na Cordillera Blanca, nos Andes centrais peruanos, na provincia de Yungay.

É característica a súa dupla cima: a máis elevada, ''Huascarán Sur (6.768 m) está separada polo colado da Garganta do Huascarán Nord, de 6.655 metros.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

O seu nome procede do quechua waskha (cadea) e ran (pedras ou montañas rochosas). Huascarán significa, entón, cadea de montañas. Hai, ademais, diversas lendas acerca da orixe do nome Huascarán, pero a máis verosímil conta que «o inca Huayna Cápac ao pasar por Yungay doulle o nome do seu fillo primoxénito, Huáscar, á montaña máis alta e fermo», porque Huascarán tamén se pode interpretar como «A montaña de Huáscar».

Primeira ascenso[editar | editar a fonte]

A primeira ascensión rexistrada ao Huascarán foi realizada o 20 de xullo de 1932, por una expedición xermano-austríaca, encabezada por H. Bernhard, E. Hein, H. Hoerlin e E. Schneider.

A cima norte foi alcanzada en 1908 por unha expedición norteamericana, da que formaba parte Annie Smith Peck.

Outros datos[editar | editar a fonte]

  • O 31 de maio de 1970, un gran terremoto provocou o desprendemento dunha grande cantidade de xeo, neve e rochas desde a cima norte, causando o sepultamento total da cidade de Yungay, a morte de máis de 20.000 persoas e a desolación de boa parte dos arredores.
  • Desde xullo ata setembro de 1979, o alpinista e médico Nicolas Jaeger vivíu 60 días, só, a 6.700 m de altura, xusto nas proximidades da cima do Huascaran, para estudar os efectos da hipoxia no seu propio organismo. Como resulta da experiencia realizouse a película Operación Supervivencia.
  • A montaña e o territorio circundante están incluidos no Parque Nacional de Huascarán, declarado Patrimonio da Humanidade en 1985.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]