Saltar ao contido

Luar (programa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luar
Imaxe
Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación da 801ª emisión de Luar.
 Instancia de
Características
 Lingua orixinal
Implicados
 Presentador/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
18 de setembro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0474503 Facebook: luartvg Twitter: luartvg Instagram: luartvg Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro[1] de 1992, presentado dende os seus inicios por Xosé Ramón Gayoso. É o segundo programa máis lonxevo da Televisión de Galicia, só por detrás do En xogo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dirixido por Teo Manuel Abad e Xosé Ramón Gayoso, realizado por Teo Manuel Abad e presentado tamén por Xosé Ramón Gayoso. Emítese en directo desde o Plató 1000 en Montouto, Teo, os venres á noite. É un programa eminentemente musical que lle dá un amplo espazo á música galega sobre todo á tradicional, aínda que no programa hai espazo para o humor e os concursos. O programa repítese os domingos ás 16:15.

Moitas figuras do audiovisual e da música galega fixeron as súas primeiras aparicións nel ou ben fixéronse coñecidos en toda Galicia como Luís Tosar, Mercedes Peón, Paula Vázquez ou Os Tonechos, pero en total pasaron polo programa máis de 5.000 artistas.

Miss Vaca

[editar | editar a fonte]

O programa Luar celebra cada ano o concurso Miss Vaca onde 4 vacas compiten representando a cada unha das provincias galegas. Durante a emisión do programa o público pode votar pola súa vaca favorita por vía telefónica ou a través das redes sociais.

Participantes

[editar | editar a fonte]
Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación da 801ª emisión de Luar.

Esta é unha lista (incompleta) dos participantes máis destacados no programa:

Ex-participantes

[editar | editar a fonte]

Audiencia

[editar | editar a fonte]

Tempada tras tempada sitúase entre os cinco primeiros na clasificación dos programas galegos máis vistos. Luar foi o quinto programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 181.000 espectadores de media e o segundo en cota de pantalla cunha porcentaxe do 22,71%. Na tempada 2007-08 sufriu un pouco o desgaste e a fragmentación da audiencia ao facer unha media de 175.000 espectadores cun 20,54% de audiencia. En 2022 seguía liderando a audiencia con fenómenos como as Tanxugueiras.[9]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaReceptorResultado
2002Mellor programa de televisiónTVGNomeado
Mellor comunicador de televisiónXosé Ramón GayosoGañador
2003Mellor programa de televisiónTVGNomeado
2010Mellor comunicador de televisiónXosé Ramón GayosoNomeado
2013Mellor realizadorCarola Prego GrueiroNomeada
Mellor programa de televisiónTVGNomeado
Mellor comunicador de televisiónXosé Ramón GayosoGañador
2014Mellor programa de televisiónTVGNomeado
2015Mellor comunicador/a de televisiónLucía RegueiroNomeada

2025: Premios Rebulir da Cultura Galega.

  1. "Primeiro Luar na Televisión de Galicia en 1992" pasouoquepasou.crtvg.gal
  2. "Ficha na AVG". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2022. Consultado o 23 de setembro de 2015.
  3. «Luar» renueva sus votos (en castelán)
  4. "O grupo valenciano 'Revolver' e o mago Luís de Matos, hoxe en 'Luar'". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2015.
  5. No tenía trabajo aquí porque soy guapo, joven y con talento (en castelán)
  6. Luar número 100
  7. El monologuista Oswaldo Digon actúa hoy en el Maremagnum (en castelán)
  8. "Ficha na Editorial canela producións". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 23 de setembro de 2015.
  9. Press, Europa (2022-02-05). "El fenómeno Tanxugueiras lleva a Luar a liderar la audiencia del viernes en una noche histórica". Metropolitano (en castelán). Consultado o 2022-07-16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]