A morte de Frank González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A morte de Frank González
Autor/aXosé Fernández Ferreiro
IlustradorLuís Seoane
OrixeGalicia Galicia
Linguagalego
Xénero(s)Narrativa; novela do oeste
EditorialEdiciós do Castro
Data de pub.1975
FormatoRústica cosida a fío. Tapa branda
Páxinas92
ISBNISBN 9788485134648
Seguido porMorrer en Castrelo do Miño

A morte de Frank González é unha novela de Xosé Fernández Ferreiro, publicada en 1975 en Ediciós do Castro con ilustracións e capa de Luís Seoane. Foi a primeira novela do oeste en lingua galega. En 1998 Edicións Xerais realizou unha segunda edición.

Como o propio autor explica nun texto introdutorio, é un texto sen maiores pretensións, escrito nunha noite de insomnio. Enmarcábase nun proceso de dotar a lingua galega de lectorado novo por medio dunha literatura popular que incorporase a novela de xénero. É unha novela sinxela e curta sen gran desenvolvemento dos personaxes.

Trama[editar | editar a fonte]

Nun día de treboada no oeste dos Estados Unidos de América, preto da fronteira con México, un grupo de xente ponse a falar de Frank González, personaxe arredor de quen circulan diversas lendas. Hai quen di que foi un vaqueiro, asaltador de trens, sheriff e mesmo frade. Dise tamén que tivo un irmán e un sobriño, e que estivo casado. Seica houbo tamén quen se fixo pasar por el, e sobre del e as súas vivencias hai varias cantigas.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.