Ramón Villares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ramón Villares Paz")
Ramón Villares
Ramón Villares (AELG)-3.jpg
Nacemento 12 de xaneiro de 1951 (67 anos)
Lugar Cazás, Xermade, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación historiador
Xéneros Ensaio, Historia
editar datos en Wikidata ]

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987. É autor de máis de setenta publicacións.

Decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986 - 1990) e reitor magnífico da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador e presidente (1996-2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea, na actualidade é director en Galicia da UIMP (dende 1998).

En 2005 foi galardoado co Premio Fernández Latorre[1].

Forma parte do Consello Editorial de Marcial Pons Ediciones de Historia e pertence ao consello asesor de revistas como Ayer (M. Pons Ediciones de Historia), Historia Social (Valencia), Hispania (Madrid), Ler Historia (Lisboa) ou Perspectivas Históricas (México) e Estudios Migratorios.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

A Historia, BBdCG.
  • Foros, frades e fidalgos, Estudos de historia social de Galicia, Xerais, Vigo, 1982.
  • A Historia, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1984, ISBN 8471544636 (con versión en lingua española -1986, Alianza- e portuguesa).
  • Parlamento de Galicia, Parlamento de Galicia, 1993.
  • Desamortización e réxime de propiedade, A Nosa Terra, 1994.
  • Idea da Universidade, Universidade de Santiago de Compostela, 1996.
  • Figuras da nación, Xerais, Vigo, 1997.
  • Historia de Galicia, Galaxia, 2004.
  • Fuga e retorno de Adrián Solovio: sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, Real Academia Galega, 2006. Discurso de ingreso e resposta de Víctor Freixanes. Edición aumentada en Galaxia, 2007.
  • Clío nas ondas: De libros, persoas e sazóns, 3C3, 2007.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Evolución de las estructuras agrarias de la provincia de Lugo, 1750-1936: propiedad y rentas de la tierra, Universidade de Santiago de Compostela, 1980.
  • La propiedad de la tierra en Galicia 1500-1936, Siglo XXI Editores, Madrid, 1982.
  • Anexo estadístico de la propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Universidade de Santiago de Compostela, 1982.
  • El indiano gallego: mito y realidad de sus remesas de dinero, 1984.
  • Historia de Galicia, I e II, n.os 5 e 6 da Biblioteca 114, 1991, ISBN 84-85553-14-4 e ISBN 84-85553-15-2.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Historia de Galicia, Alhambra, Madrid, 1981.
  • Señores y campesinos en la Península Ibérica, siglos XVIII-XX, Editorial Critica/Consello da Cultura Galega, Barcelona, 1991. En colaboración con Pegerto Saavedra.
  • La historia en el 94, Marcial Pons (Madrid), 1995.
  • Imagen e historia, Marcial Pons (Madrid), 1996.
  • Nobleza y sociedad (III). Las noblezas españolas, reinos y señoríos en la Edad Moderna, Fundación Banco Santander Central Hispano, Madrid, 1999.
  • Año mil, año dos mil: dos milenios en la Historia de España (Congreso internacional), Sociedad Estatal España Nuevo Milenio, Madrid, 2001.
  • El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Editorial Taurus, Madrid, 2001. En colaboración con Ángel Bahamonde.
  • Historia de España. 12 volumes, Crítica (Barcelona), 2007. Director da edición, con Josep Fontana.


Predecesor:
Carlos Pajares
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1990 - 1994
Sucesor:
Darío Villanueva Prieto


Predecesor:
Alfonso Zulueta de Haz
 Presidente do Consello da Cultura Galega 
2006 -
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Premio 2005, na web da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]