Saltar ao contido

Joaquín Fernández Santomé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Fernández Santomé

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1933 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de outubro de 1988 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesQuinocho Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor em Wikidata - 1968 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1953-1954 Racing de Ferrol
1954-1963 Real Club Celta de Vigo
1963-1968 Club Deportivo Castellón Editar o valor em Wikidata

Joaquín Fernández Santomé "Quinocho", nado en Vigo o 17 de maio de 1932 e finado na mesma cidade o 20 de outubro de 1988, foi un xogador de fútbol galego, que desempeñaba o seu labor na demarcación de defensa. Foi asasinado por uns ladróns nas instalacións de Balaídos e o Real Club Celta creou un torneo na súa memoria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira deportiva no equipo do seu barrio, Casabranca, como extremo. Aos 19 anos o adestrador do Celta de Vigo fíchao e convérteo en defensa, aínda que nun principio é cedido ao Racing de Ferrol[1] aos tres meses e reclamado polo Celta outra vez, de onde xa non se movería durante 9 tempadas.

En 1962 remata o seu contrato co Celta e ficha polo Castellón, onde permanecería primeiro como xogador e despois como secretario técnico, ata que en 1974 o por entón presidente do Celta de Vigo, Antonio Vázquez Gómez, propúxolle facerse cargo da xerencia do club.

O xoves 20 de outubro de 1988 ás 18:30 da tarde dous encapuchados entraron na sede do Celta no estadio de Balaídos, cando Quinocho se atopaba preparando o desprazamento do equipo olívico a Donostia. Os ladróns marcharon cun botín de 100.000 pesetas, deixando atrás a Joaquín Fernández Santomé ferido de morte coa arteria pulmonar e a aorta seccionadas tras encararse cos dous agresores, chegando xa morto á clínica Povisa.

Quinocho foi sepultado no Cemiterio de Pereiró nun enterro multitudinario suspendéndose o partido contra a Real Sociedad en sinal de duelo. En 1995 creouse o Trofeo Memorial Quinocho en homenaxe ao histórico xogador.

Notas[editar | editar a fonte]