Transfermarkt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Transfermarkt é unha páxina web alemá que ten información do mundo do fútbol, como puntuacións, resultados, novas de transferencias e fichaxes.[1][2] Segundo o IVW, está no top 25 dos sitios web alemáns máis visitados, e é un dos sitios web de deporte máis grandes despois de kicker.de.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

O sitio web foi fundado en maio 2000, por Matthias Seidel. No 2008, Axel Salmer publishing house fíxose co 51% de participación da páxina web. Aínda así, Seidel mantivo o 49% das participacións.[4] A versión en lingua inglesa empezou en 2009.

Contido da páxina web[editar | editar a fonte]

A páxina web ten puntuacións, resultados, novas de transferencias, fichaxes e valores de xogadores. Malia que os valores dos xogadores, xunto con algúns outros feitos, son estimacións, investigadores do Centre for Economic Performance atoparon que os 'rumores' de transferencias de xogadores son en gran parte coidadosas e acertadas.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]