Enrico Fermi
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Enrico Fermi ![]() | |
---|---|
![]() Enrico Fermi nos anos 1940. | |
Datos persoais | |
Nacemento | 29 de setembro de 1901 |
Lugar | Roma![]() |
Falecemento | 28 de novembro de 1954 (53 anos) |
Lugar | Chicago, Illinois![]() |
Causa | cancro de estómago |
Soterrado | Oak Woods Cemetery |
Nacionalidade | Italia, Estados Unidos de América e Reino de Italia |
Cónxuxe | Laura Fermi |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | Scuola Normale Superiore |
Director de tese | Luigi Puccianti, Max Born e Paul Ehrenfest |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Desenvolvemento do primeiro reactor nuclear. Achegas fundamentais á teoría cuántica. |
Influíu en | Owen Chamberlain ![]() Geoffrey Chew Mildred Dresselhaus Jerome I. Friedman ![]() Marvin Leonard Goldberger Tsung-Dao Lee ![]() James Rainwater ![]() Marshall Rosenbluth Arthur Rosenfeld Emilio Segrè ![]() Jack Steinberger ![]() Sam Treiman |
Premios | Medalla Matteucci, en 1926 Premio Nobel de Física, en 1938 Medalla Hughes, en 1942 Medalla ao Mérito dos Estados Unidos, en 1946 Medalla Franklin, en 1947 Membro da Royal Society, en 1950 Premio Rumford, en 1953 |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Enrico Fermi, nado o 29 de setembro de 1901 en Roma (Italia) e finado o 28 de novembro de 1954 en Chicago, Illinois (USA), foi un físico italiano coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e o desenvolvemento da teoría cuántica. Gañou o Premio Nobel de Física no ano 1938 e é considerado un dos científicos máis importantes do século XX.[1]
Desde 1939 foi profesor de física na Columbia University, e colaborou nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear (proxecto Manhattan). Descubriu as reaccións no núcleo producidas por neutróns con movemento lento, e observou que estes eran absorbidos máis facilmente polo núcleo atómico que as partículas aceleradas. Investigou a teoría da estrutura fina dos espectros e a formación dos raios cósmicos. Entre as súas obras destácase Elementary Particles (1951).[2]
Foi un dos poucos físicos da era moderna a combinar a teoría coa experiencia. Recoñeceselle como un físico con grandes capacidades tanto no plano teórico como experimental. O elemento Fermio, que foi producido de forma sintética en 1952, foi nomeado no seu honor.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Investigación en Europa[editar | editar a fonte]
Fillo de Alberto Fermi, Inspector Xeral do Ministerio de Comunicación, e Ida de Gattis, mestra de escola, comezouse a interesar pola física aos 14 anos. O seu expediente académico foi excelente, mostrando unha gran facilidade para memorizar, resolver problemas teóricos ou de síntese. A morte prematura do seu irmán máis vello, Giulio, en 1915 fai que se centre aínda máis nos estudos.
Unha vez rematados os estudos elementais comezou a estudar na Scuola Normale Superiore de Pisa, onde acadou o doutoramento no ano 1922, despois do cal impartiu clases nas Universidades de Florencia e Roma. Residiu tamén durante un tempo nas cidades de Gotinga, Alemaña, e Leiden, Países Baixos, realizando labores de investigación.
De volta en Italia foi nomeado para a primeira cátedra de Física teórica de Italia en 1926 polo Senador, físico e director do Instituto de Física da Universidade de Roma, Orso Maria Corbino. Universidade situada por aquel entón na Rúa Panisperna, converteriase debido á labor dos dous científicos nun centro de investigación punteiro en Europa, reunindo ás xoves promesas italianas da física teórica (Ettore Majorana), física experimental (Edoardo Amaldi, Franco Rasetti, Emilio Segrè ou Bruno Pontecorvo) e a química (Oscar D'Agostino). Este grupo daría en chamarse Os mozos da rúa Panisperna.
En 1930 realizou unha viaxe aos Estados Unidos de América, convidado pola Universidade de Míchigan, durante a que impartiu varios cursos. Isto converteríase nunha costume, pasando a maior parte dos veráns no país americano, tanto realizando investigacións como impartindo conferencias, colaborando tamén cas Universidades de Columbia, Stanford e Chicago.
No ano 1938 foi galardoado co Premio Nobel de Física polas súas demostracións sobre a existencia de novos elementos radioactivos producidos por procesos de irradiación con neutróns e polos seus descubrimentos sobre as reaccións nucleares debidas aos neutróns lentos.
Xunto aos seus colaboradores bombardeou con neutróns 60 elementos, obtendo isótopos de 40 e a transmutación de atómos do elemento 92, o uranio, en átomos dun elemento 93, o neptunio, que non existe na natureza.
Proxector Manhattan[editar | editar a fonte]
Permaneceu en Roma ata 1938, tras recibir o Premio Nobel emigrou xunto coa súa familia definitivamente aos Estados Unidos, á cidade de Nova York. Esta emigración responde ás leis antisemitas do réxime fascista de Benito Mussolini que ameazaba á súa muller e a varios dos seus colaboradores, xudeus. Unha vez no país americano comezou a traballar para a Universidade de Columbia.
Fermi levou a cabo a construción da primeira pila nuclear, logrando en decembro de 1942 na Universidade de Chicago a primeira reacción en cadea controlada de fisión nuclear. Participando nos últimos anos da segunda guerra mundial no desenvolvemento da Bomba atómica nos laboratorios de Los Álamos, Novo México, o que sería chamado Proxecto Manhattan. Posteriormente oporiase ao resultado deste proxecto por razóns éticas.
No ano 1946 foi nomeado profesor de física e director do Instituto de Estudos Nucleares da Universidade de Chigago.
O traballo científico de Fermi[editar | editar a fonte]

A partir de 1926, adicouse á mecánica estatística de partículas que obedecen ao principio de exclusión de Pauli, como os electróns. O resultado é a chamada Estatística de Fermi-Dirac, unha vez que Dirac chegou independentemente ás mesmas conclusións.
En 1933 Fermi introduciu o concepto de interacción débil, que en conxunto co recentemente postulado neutrino, entrarían na teoría do decaemento beta. Xuntamente cun grupo de colaboradores, Fermi comezou unha serie de experiencias en que foron producidos artificialmente núcleos radioactivos, polo bombardeamento con neutróns de varios elementos. Algúns dos seus resultados suxeriron a formación de elementos transuranianos. De feito, o que eles observaron, e que máis tarde foi comprobado por Hahn, foi a fisión nuclear. En 1938 Fermi recibiu o Premio Nobel de Física por este traballo. Foi entón para os Estados Unidos de América, onde participaria no proxecto Manhattan. Dirixiu o proxecto de construción do primeiro reactor nuclear na Universidade de Chicago.
Despois da segunda guerra mundial, Fermi dedicouse á física de partículas, á que deu contribucións importantes. O elemento de número atómico 100, descoberto un ano após a súa morte, recibiu o nome de Fermio na súa honra.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Fermi (abaixo á esquerda) e Szilárd (abaixo segundo pola dereita) e o resto do equipo que diseñou a pila atómica.
-
Fermi cos seus estudantes, os mozos da rúa Panisperna, de esquerda a dereita: Oscar D'Agostino, Emilio Segrè, Edoardo Amaldi, Franco Rasetti e o propio Fermi.
-
Fermi (centro) cos científicos Ernest Lawrence (esquerda) e Isidor Isaac Rabi (dereita).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Snow, Charles (1981). Little Brown, ed. The Physicists: A Generation that Changed the World. ISBN 1842324365.
- ↑ Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "Enrico Fermi". Gran Enciclopèdia Catalana (en catalán). Consultado o 1 d'agost de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Enrico Fermi |
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Enrico Fermi |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1901
- Nados en Roma
- Finados en 1954
- Físicos de Italia
- Premio Nobel de Física
- Personalidades do Proxecto Manhattan
- Premios Nobel de Italia
- Premios Nobel dos Estados Unidos de América
- Inventores de Italia
- Inventores dos Estados Unidos de América
- Alumnos da Escola Normal Superior de Pisa
- Físicos cuánticos