David Morris Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Morris Lee
Nobel prize medal.svg
Nobel Laureate David Morris Lee in 2007.jpg
David Morris Lee
Datos persoais
Nacemento 20 de xaneiro de 1931
Lugar Rye
Nacionalidade Estados Unidos de América
Actividade
Campo físico e catedrático de universidade
Contribucións e premios
Coñecido por investigacións do helio-3
Premios Bolsa Guggenheim, Premio Nobel de Física, Prêmio Oliver E. Buckley de Matéria Condensada e Wilbur Cross Medal

David Morris Lee, nado o 20 de xaneiro de 1931, é un físico ao que lle outorgaron un Nobel de Física en 1996 polas súas investigacións do helio-3.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Rye, Nova York. Seus pais eran fillos de emigrados xudeus procedentes de Inglaterra e Lituania. Graduouse na Universidade Harvard en 1952 e logo uniuse ao Exército dos Estados Unidos durante 22 meses. Obtivo o seu Masters degree na Universidade de Connecticut e o seu Ph.D. na Universidade de Yale en 1955, onde traballou para Henry A. Fairbank. Despois da súa graduación en Yale, converteuse en profesor da Universidade Cornell, onde traballou até agora.

En 1972, publicou un traballo sobre a superfluidez do helio-3 co profesor de Cornell Robert C. Richardson e o seu estudante graduado Doug Osheroff. Os tres recibiron o Premio Nobel en 1996. Tamén investigou o spin.

É membro da Academia Nacional de Ciencias e da American Academy of Arts and Sciences.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]