Adam Riess

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adam Riess
Nobel prize medal.svg
Adam Riess.jpg
Datos persoais
Nacemento decembro de 1969
Lugar Washington, D.C. (EEUU)
Residencia EEUU
Nacionalidade Norteamericana
Actividade
Campo Astronomía
Alma máter Universidade Harvard
Universidade de California en Berkeley
Massachusetts Institute of Technology
Contribucións e premios
Coñecido por Enerxía escura, Aceleración da expansión do Universo
Premios Premio Nobel de Física (2011)

Adam Riess, nado en Washington, D.C. en decembro de 1969, é un astrofísico estadounidense, coñecido polas súas investigacións en cosmoloxía a través do estudo das supernovas. Membro da Universidade Johns Hopkins e do Instituto de Ciencias do Telescopio Espacial (Space Telescope Science Institute). Riess é Premio Nobel de Física 2011 xunto con Saul Perlmutter e Brian Schmidt polos seus traballos que demostran a aceleración da expansión do universo. Tamén en 2006 foi galardoado co premio Shaw de astronomía por esta mesma causa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Riess graduouse no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1992. Doutorouse en Física pola Universidade Harvard en 1996 e a súa tese foi supervisada por Robert Kirshner e presentou os resultados nas medidas de ó redor dunha vintena de estrelas supernova clase Ia situadas no universo profundo, realizando un método para calcular distancias, así como a súa calibración, desa forma, axudou a corrixir a extinción lumínica como consecuencia da densidade de po estelar, medindo inhomoxeneidades no tecido cosmolóxico e en consecuencia chegou á conclusión de que o universo en expansión está a ser acelerado desde fai polo menos dez mil millóns de anos.

Traballos de investigación[editar | editar a fonte]

Riess foi bolseiro Miller na Universidade de California (Berkeley) antes de ingresar no Instituto de Ciencias do Telescopio Espacial (Space Telescope Science Institute) en 1999. Chegando en 2005 á súa posición actual na Universidade Johns Hopkins.

Riess iniciou as súas investigacións en 1998 no equipo de investigación High-Z Supernova onde achegou evidencias de que a expansión do universo estase a acelerar, corroborado posteriormente polo proxecto Supernova de Cosmoloxía (Supernovae Cosmology Proyect) liderado por Perlmutter.

Riess liderou o equipo de investigación antes mencionado para traballar co telescopio espacial Hubble para obter datos dunha vintena das supernovas máis distantes.

O seu equipo indagou até profundidades de máis de 10 000 millóns de anos-luz. O obxectivo foi atopar e detectar nunha fase temperá algún decaemento na expansión cósmica a través da observación de estrelas supernovas distantes para comparar os seus brillos relativos e a extinción do brillo destas. Desta forma confírmase a interpretación do modelo teórico sobre a existencia de enerxía e materia escura.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Saul Perlmutter, Riess e Brian Schmidt sendo galardoados co premio Shaw 2006 en astronomía. En 2011 foron premiados co Nobel de Física.
  • 1999 - Galardón Trumpler da Sociedade Astronómica do Pacífico.
  • 2001 - Premio Bok da Universidade Harvard.
  • 2003 - Premio Helen B. Warnet da Sociedade Astronómica Americana.
  • 2004 - Premio Sackler de Raymond e Beverly polo descubrimento da aceleración cósmica.
  • 2006 - Premio Shaw de Astronomía (dotado con 1 millón $ -USD-) e compartido con Saul Perlmutter e Brian P. Schmidt pola súa contribución ó descubrimento da aceleración cósmica, o mesmo equipo que obtivo o premio Nobel de Física 2011.[1]
  • 2008 Mención como "Xenio" do Premio MacArthur.
  • 2009 Elixido para a Academia Nacional de Ciencias dos EE.UU.[2]

Schmidt e todos os membros do equipo High-Z (definidos como co-autores dos traballos de Riess en 1998) compartiron o Premio Gruber 2007 en Cosmoloxía dotado con medio millón de dólares norteamericanos, xunto co equipo de investigación Proxecto Supernova Cosmoloxía (o equipo definido como co-autores de Perlmutter en 1999) polos seus descubrimentos na aceleración da expansión do universo.

  • 2011 - Foi mencionado para obter a Medalla Albert Einstein xunto con Saul Perlmutter

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adam Riess