Karl Alexander Müller
Karl Alexander Müller | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de abril de 1927 |
Basilea | |
Nacionalidade | Suíza |
Alma máter | Escola Politécnica Federal de Zúric |
Ocupación | físico e profesor universitario |
Coñecido por | Supercondutividade |
Premios | IBM Fellow, Premio Nobel de Física, Prêmio Robert Wichard Pohl, Medalha Wilhelm Exner, Prêmio Memorial Fritz London, Dannie Heineman Prize, Prêmio Marcel Benoist, honorary doctor of the Leipzig University, honorary doctorate of Salzburg University, Honorary doctor of the University of Geneva, Gold medal of the Spanish National Research Council, honorary doctor of the Ruhr University Bochum, honorary doctor of the Norwegian University of Science and Technology, Honorary doctorate from the Technical University of Munich, Honorary doctor of the Ghent University e honorary doctor of the University of Regensburg |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Karl Alexander Müller, nado o 20 de abril de 1927 na cidade suíza de Basilea, é un físico suízo que recibiu, xunto con Johannes Georg Bednorz, o Premio Nobel de Física de 1987, polas súas investigacións coas cerámicas supercondutoras.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa familia mudouse ao pouco de el nacer á cidade austríaca de Salzburgo, onde seu pai estudaba música.
El e súa nai trasladáronse a Dornach, cerca de Basilea, á casa dos seus avós. Despois foron para Lugano, na rexión suíza italiana. A súa nai morreu en 1938, cando tiña once anos, sendo logo enviado a un colexio evanxélico na poboación de Schiers, no leste de Suíza. Aquí estudará durante sete anos, de 1938 a 1945, obtendo o Bacharelato.
En 1945 ingresou na Escola Politécnica Federal de Zúric, onde estudou electrónica e recibiu clases por parte de Wolfgang Pauli. En 1957 conseguiu o doutoramento.
En 1956 casou con Ingeborg Marie Louise Winkler. Tiveron un neno, Eric, en 1957, e unha nena, Silvia, en 1959.