Neutrón
| Clasificación | Barión |
|---|---|
| Composición | 1 quark arriba, 2 quark abaixo |
| Familia | Fermión |
| Grupo | Hadrón |
| Interacción | Gravidade, interacción débil, interacción forte, electromagnetismo |
| Antipartícula | antineutrón |
| Teorizada | Ernest Rutherford |
| Descuberta | James Chadwick |
| Masa | 1,674 927 471 (21)*10-27 |
| Vida media | 881,5 (15) s (neutróns non ligados) |
| Carga eléctrica | 0 e |
| Spin | 1/2 |
| Isospin | 1/2 |
| Paridade | +1 |
| Condensado | I(JP) = 1/2 1/2(1/2+) |
O neutrón é unha partícula subatómica sen carga neta, presente no núcleo atómico de practicamente todos os átomos, excepto o protio. Aínda que se di que o neutrón non ten carga, en realidade está composto por tres partículas fundamentais cargadas, chamadas quarks, cuxas cargas sumadas son cero.
Un neutrón é un barión neutro formado por dous quarks down e un quark up. Forma, xunto cos protóns os núcleos atómicos. Fóra do núcleo atómico é inestable e ten unha vida media duns 14 minutos[1] emitindo un electrón e un antineutrino para converterse nun protón. A súa masa é moi similar á do protón.
Algunhas das súas propiedades:
- Masa: mn = 1.672x10−24g
- Vida media: tn = 886.7 ± 1.9 s
- Momento magnético: mn = -1.9130427 ± 0.0000005 mN
- Carga eléctrica: qn = (-0.4 ± 1.1) x 10−21 e
O neutrón é necesario para a estabilidade de case tódolos núcleos atómicos (a única excepción é o hidróxeno), xa que interactúa fortemente atraéndose con neutróns e protóns, pero non se repele con ningún, como si o fan os protóns, que se atraen nuclearmente pero repélense electrostaticamente.
| Partículas fundamentais en Física (lista, táboa) | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Fermións | Bosóns de Gauge | ||||||||
| Quarks | Leptóns | Bosóns W e Z | Fotón | Gluón | |||||
| Arriba | Encantado | Cume | Electrón | Muón | Tau (tauón) | Bosóns hipotéticos | |||
| Abaixo | Estraño | Fondo | e-neutrino | μ-neutrino | τ-neutrino | Gravitón Bosón de Higgs | |||
| Outras clases, partículas compostas e outras | |||||||||
| barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón | |||||||||
| Termos relacionados | |||||||||
| antimateria - partícula subatómica | |||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Charley, Sarah. "Teaching a particle detector new tricks". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2021-09-25.