A Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina (Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina, tamén coñecida simplemente como Leopoldina) é unha sociedade científica alemá, a máis antiga do mundo. Fundouse en 1652 en Schweinfurt (Baviera).
Hoxe está situada na cidade de Halle, no estado alemán de Saxonia-Anhalt.[1]
A colección debeuse principalmente a intercambios de publicacións da Academia con socios de todo o mundo, e a través de doazóns dos membros da Academia.[2]
A Leopoldina é unha asociación supranacional de científicos e académicos. Máis dunha cuarta parte dos seus membros son de países distintos de Alemaña.
Os novos membros da Leopoldina son elixidos polo Presidium sobre a base dos nomeados polos membros existentes e despois dun proceso de selección en varias etapas. Actualmente conta con máis de 1500 membros de 30 países.
Desde a súa fundación en 1652 pertenceron á Academia uns 7500 académicos. Entre eles máis de 170 Premios Nobel.