Georges Charpak
Georges Charpak | |
---|---|
![]() Georges Charpak en 2005 | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1 de agosto de 1924 |
Lugar | Dąbrowica, ![]() |
Falecemento | 29 de setembro de 2010 |
Lugar | París |
Residencia | París, ![]() |
Nacionalidade | |
Cónxuxe | Dominique Vidal |
Fillos | Nathalie Charpak |
Relixión | xudeu |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | Lycée Saint-Louis e Mines ParisTech |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Georges Charpak, nado o 1 de agosto de 1924 e finado o 29 de setembro de 2010[1], foi un físico polaco-francés gañador do Premio Nobel de Física.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Charpak naceu na cidade de Dąbrowica en Polonia (actual Dubrovytsia, Ucraína) nunha familia xudía de orixe polaca-ucraína. A familia de Charpak emigrou de Polonia a París cando el tiña sete anos de idade.
Durante a segunda guerra mundial Charpak enrolouse na Resistencia francesa, foi feito prisioneiro polas autoridades da Francia de Vichy en 1943. En 1944 foi deportado a un campo de concentración Nazi no Dachau, onde permaneceu ata que o campo foi liberado no 1945. Despois de graduarse no instituto de Montpellier, en 1945 entrou na École des Mines, en París, unha das máis prestixiosas escolas de enxeñería de Francia. O ano seguinte nacionalizouse como cidadán francés.
Graduouse en 1948, obtivo o seu grao de enxeñaría de minas e comezou a traballar para o Centre national de la recherche scientifique (CNRS). Recibiu o seu doutoramento en 1954 de Física nuclear no Collège de France, París, onde traballou no laboratorio de Frédéric Joliot-Curie. En 1959 uniuse ao CERN (European Organization for Nuclear Research) en Xenebra e en 1984 converteuse en profesor da Escola de Estudos Avanzados en Física e Química en París.
Foi membro da Academia de Ciencias Francesa en 1985. En 1992, recibiu o Premio Nobel de Física "polo invento e desenvolvemento de detectores de partículas, en particular a cámara multicable".
En Francia, Charpak foi un defensor decidido da enerxía nuclear e era membro do comité que publica o Bulletin of the Atomic Scientists[1] Arquivado 05 de agosto de 2009 en Wayback Machine..