Karl Ferdinand Braun
Carl Ferdinand Braun ![]() | |
---|---|
![]() Carl Ferdinand Braun | |
Datos persoais | |
Nacemento | 6 de xuño de 1850 |
Lugar | Fulda, Alemaña |
Falecemento | 20 de abril de 1918 (67 anos) |
Lugar | ![]() |
Soterrado | Alter Dompfarrlicher Friedhof |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Etnia | Pobo alemán |
Cónxuxe | Amélie Bühler |
Actividade | |
Campo | electromagnetismo |
Alma máter | Universidade de Marburgo, Universidade de Berlín |
Director de tese | August Kundt e Georg Hermann Quincke |
Contribucións e premios | |
Premios | Premio Nobel de Física en 1909 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Karl Ferdinand Braun, nado en Fulda, Alemaña, o 6 de xuño de 1850 e finado en Nova York o 20 de abril de 1918, foi un físico, inventor e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física en 1909.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade de Marburgo e doutorouse en 1872 pola Universidade de Berlín. Foi profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tubinga. Chegou a ser director do Instituto de Física da Universidade de Estrasburgo en 1895.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
En 1874, Braun observou que certos cristais semicondutores actuaban como rectificadores, convertendo a corrente alterna en continua, permitindo o paso da corrente nunha soa dirección. Debido a este descubrimento, inventou o receptor de radio de transistores a finais do século XIX.
En 1897 construíu o primeiro tubo de raios catódicos que utilizou para desenvolver o primeiro osciloscopio adaptando os raios catódicos, de tal de maneira que o chorro de electróns do tubo se dirixa cara a unha pantalla fluorescente por medio de campos magnéticos xerados pola corrente alterna. Desde 1898 tamén traballou na telegrafía sen fíos, inventando o rectificador de cristal. Guglielmo Marconi admitiu tomar prestada" a patente de Braun.
En 1909 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Marconi, polas súas contribucións ao desenvolvemento da telegrafía sen fíos e especialmente polas melloras técnicas introducidas no sistema de transmisión (circuítos resonantes magnéticamente axustados).
Braun foi aos Estados Unidos ao comezo da primeira guerra mundial para axudar a defender a estación alemá de telegrafía sen fíos de Sayville dos ataques da British Marconi Corporation. Morreu na súa casa de Brooklyn antes do final da guerra en 1918.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Físicos de Alemaña
- Premio Nobel de Física
- Nados en 1850
- Finados en 1918
- Nados en Fulda
- Alumnos da Universidade de Marburgo
- Profesores da Universidade de Marburgo
- Profesores da Universidade de Tubinga
- Profesores da Universidade de Estrasburgo
- Profesores do Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe
- Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín
- Premios Nobel de Alemaña
- Inventores de Alemaña