William Lawrence Bragg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Lawrence Bragg Premio Nobel
Wl-bragg.jpg
William L. Bragg en 1915
Datos persoais
Nacemento31 de marzo de 1890
LugarAdelaida, Australia Meridional
Falecemento1 de xullo de 1971 (128 anos)
LugarWaldringfield, Ipswich, Suffolk, Inglaterra
NacionalidadeFlag of the United Kingdom (3-5).svg británica
Australia australiana
EtniaPobo inglés
CónxuxeAlice Grace Jenny Hopkinson
FillosStephen Bragg e Patience Mary Bragg
Actividade
Campofísica
Alma máterUniversidade de Adelaide
Universidade de Cambridge
Director de teseJ. J. Thomson
W.H. Bragg
Alumnos de teseJohn Crank
Ronald Wilfried Gurney
Contribucións e premios
Coñecido pordifracción de raios X
lei de Bragg
PremiosPremio Nobel de Física (1915)
Medalla Hughes (1931)
Medalla Royal (1946)
Medalla Copley (1966)
Con 25 anos, foi o gañador do Premio Nobel máis novo. Era fillo de William Henry Bragg. Non existían os doutorados (PhD) en Cambridge ata 1919; polo tanto, J. J. Thomson e W. H. Bragg foron os seus equivalentes mentores.
editar datos en Wikidata ]

Sir William Lawrence Bragg, nado en Adelaida (Australia) o 31 de marzo de 1890 e finado en Ipswich (Inglaterra) o 1 de xullo de 1971, foi un físico británico galardoado en 1915 co Premio Nobel de Física xunto co seu pai William Henry Bragg.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Australia, daquela parte do Imperio Británico. Fillo do físico británico sir William Henry Bragg, en 1904, con tan só 15 anos, comezou a estudar na Universidade de Adelaida matemáticas, química e física. Graduouse en 1908, con 18 anos. Ese mesmo ano o seu pai aceptou un traballo na Universidade de Leeds, trasladándose a familia a Inglaterra. No outono de 1909 entrou no Trinity College de Cambridge. Graduouse en matemáticas a pesar de estar en cama con pneumonía cando tivo que facer o exame. Posteriormente dedicouse ao estudo da física, graduándose en 1911.

Foi profesor da Universidade Vitoria de Manchester (1919-1937) e nomeado director do Laboratorio Nacional de Física (1937-1938). En 1938 foi nomeado profesor de física experimental da Universidade de Cambridge. En 1941 foi honrado co título de cabaleiro (sir).

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Colaborou nas investigacións que estaba levando a cabo o seu pai en canto aos fenómenos de refracción e difracción dos raios X, e por estas investigacións foille outorgado o premio Nobel de Física en 1915, xunto co seu pai. Desenvolveu a lei de Bragg. William Lawrence Bragg con 25 anos é a persoa máis nova que recibiu un Premio Nobel.

Tras a segunda guerra mundial retornou ao laboratorio Cavendish da Universidade de Cambridge para continuar os seus traballos. A partir de 1948 interesouse pola estrutura das proteínas. Sen relación directa co descubrimento da estrutura do ADN en 1953 por parte de Francis Crick e James Watson, este último recoñeceu que puideron chegar a tal feito grazas aos avances de Lawrence Bagg na utilización dos raios X.

Entre os seus escritos hai que destacar The Crystalline State (1934) e Atomic Structure of Minerals (1937).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]