Igor Tamm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igor Tamm
Nacemento8 de xullo de 1895
Lugar de nacementoVladivostok
Falecemento12 de abril de 1971
Lugar de falecementoMoscova
CausaEsclerose lateral amiotrófica
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
Alma máterUniversidade de Edimburgo, MSU Faculty of Physics e Universidade Estatal de Moscova
Ocupaciónfísico teórico, inventor, profesor universitario e físico
CónxuxeNataliya Shuyskaya
FillosEvgeny Tamm
Coñecido porRadiación de Cerenkov e Frank–Tamm formula
PremiosPremio Stalin, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Premio Nobel de Física, Orde da Guerra Patria de 1ª Clase, Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Medalha de Ouro Lomonossov, Bandeira Vermella do Traballo, Medal "In Commemoration of the 800th Anniversary of Moscow", Premios Nobel e State Stalin Prize, 1st degree
Na rede
IMDB: nm5025027 Find a Grave: 100406881 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Igor Ievguènievitx Tamm (en ruso И́горь Евге́ньевич Та́мм), nado en Vladivostok o 8 de xullo de 1895 e finado en Moscova o 12 de abril de 1971, foi un físico soviético galardoado en 1958 co Premio Nobel de Física.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo ben pequeno trasladouse xunto coa súa familia a Kirovohrad, situada hoxe en día en Ucraína. En 1918 iniciou os seus estudos de física na Universidade de Edimburgo xunto con Borís Hessen, que continuou posteriormente na Universidade de Moscova, onde se graduou no ano 1918. En 1928 Igor Tamm colaborou durante uns meses con Paul Ehrenfest na Universidade de Leiden.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

En 1958 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Pavel Cherenkov e Ilya Frank, polo descubrimento e a interpretación da Radiación Cherenkov. Tamm e Frank realizaron a explicación teórica sobre o modelo exposto por Pavel Txerenkov, denominada Radiación Cherenkov, no cal este modelo sucede cando as partículas viaxan nun medio opticamente transparente a unha velocidade maior que a velocidade da luz neste propio medio.

Posteriormente o Premio Nobel da Paz Andrei Dmitrievich Sakharov propuxo a Tamm o confinamento de plasma extremadamente ionizado por campos magnéticos como método de control da fusión termonuclear.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]