William Henry Bragg
William Henry Bragg ![]() | |
---|---|
![]() William Henry Bragg | |
Datos persoais | |
Nome completo | William Henry Bragg |
Nacemento | 12 de xullo de 1862 |
Lugar | Cumberland, Reino Unido ou Westward, Cumbria, Reino Unido |
Falecemento | 12 de marzo de 1942 (79 anos) |
Lugar | Londres, Reino Unido |
Nacionalidade | ![]() |
Etnia | Pobo inglés |
Cónxuxe | Gwendoline Todd |
Fillos | William Lawrence Bragg |
Actividade | |
Campo | Físico, químico, xugador de lacrosse, profesor universitario e matemático |
Alma máter | Universidade de Cambridge Trinity College |
Director de tese | Edward Routh |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Difracción de raios X |
Premios | Membro da Royal Society
Cabaleiro comendador da Orde do Imperio británico Premio Nobel de Física (1915) Medalla Faraday (1936) Medalla Copley (1930) |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sir William Henry Bragg, nado en Wigton o 2 de xullo de 1862 e finado en Londres o 10 de marzo de 1942, foi un físico e profesor universitario inglés galardoado en 1915 co Premio Nobel de Física xunto co seu fillo William Lawrence Bragg.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no King William's College (na Illa de Man), e no Trinity College de Cambridge. Foi profesor de física e matemáticas na Universidade de Adelaida (Australia, 1886-1908), na Universidade de Leeds (1909-1915), na de Universidade de Londres (1915-1923). Desde 1923 foi profesor de química no Real Instituto de Gran Bretaña (1923-1942) e director do laboratorio de investigación Davy-Faraday.
En 1906 foi elixido membro da Royal Society. En 1920 foi honrado cabaleiro (sir). En 1928, elixido presidente da Asociación Británica para o Progreso das Ciencias e en 1935 da Royal Society, cargo que ocupou ata 1940.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Xunto co seu fillo William Lawrence Bragg, formulou a lei de reflexión dos raios X dunha lonxitude de onda determinada cando inciden nunha superficie cristalina. Idearon o espectrógrafo de raios X, que lles permitiu determinar a posición dos átomos en varias clases de cristais.
En 1915 ambos recibiron o premio Nobel de Física, sendo a primeira vez que sucedía o feito de que un pai e o seu fillo recibisen o premio Nobel.
Entre as súas obras merecen ser apuntadas The World of Sound (1920), Concerning the Nature of Things (1925) e The Universe of Light (1933).