Leon Cooper
Leon Cooper | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Leon Neil Cooper |
Nacemento | 28 de febreiro de 1930 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Columbia e The Bronx High School of Science |
Ocupación | físico, profesor universitario e investigador |
Coñecido por | Par de Cooper |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Prêmio Comstock de Física, Premio Nobel de Física e Fellow of the American Physical Society |
Na rede | |
https://research.brown.edu/research/profile.php?id=1100923912 | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Leon Neil Cooper, nado en Nova York o 28 de febreiro de 1930, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1972.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en física na Universidade de Columbia, sendo posteriormente profesor na Universidade de Illinois, Brown, Providence así como profesor invitado en universidades de Noruega, Italia e Francia.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Interesado na física do estado sólido, en 1957 desenvolveu xunto a John Bardeen e John Robert Schrieffer a Teoría BCS da supercondutividade, pola cal a moi baixa temperatura maniféstase nos electróns unha grande forza de atracción que os fai fluír emparellados de forma que, ao pasar preto dun núcleo atómico, o primeiro electrón cede enerxía que é despois recuperada polo seu compañeiro. Esta teoría tivo a súa orixe en 1911 no descubrimento do neerlandés Heike Kamerlingh Onnes sobre a carencia de resistencia do mercurio nas correntes eléctricas a temperaturas próximas ao cero absoluto.
Compañeiro de investigacións de Alfred P. Sloan entre 1959 e 1966, posteriormente realizou investigacións no Insitituto de Estudos Adiantados de Princeton e no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN).
En 1972 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con John Bardeen e John Robert Schrieffer, polos seus traballos conxuntos sobre a teoría da supercondutividade, coñecida como Teoría BCS.