Samuel C. C. Ting
Samuel C. C. Ting | |
---|---|
![]() Samuel Chao Chung Ting | |
Datos persoais | |
Nacemento | 27 de xaneiro de 1936 (86 anos) |
Lugar | Ann Arbor, Míchigan |
Nacionalidade | ![]() |
Etnia | Pobo han |
Cónxuxe | Kay Kuhne, Susan Carol Marks |
Actividade | |
Campo | físico e profesor universitario |
Alma máter | Universidade de Míchigan |
Director de tese | Lawrence W. Jones |
Contribucións e premios | |
Premios | Premio Nobel de Física en 1976. |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Samuel Chao Chung Ting (en mandarín: 丁肇中; en pinyin: Dīng Zhàozhōng), nado en Ann Arbor (Míchigan) o 27 de xaneiro de 1936, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1976.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era fillo dunha parella chinesa que se coñeceu na universidade de Míchigan. Cando era pequeno a súa familia trasladouse de novo á China, pero durante a guerra civil chinesa os seus pais fuxiron á República da China, situada na illa de Taiwán. Desenvolveu os seus estudos secundarios en Taipei e posteriormente ingresou na Universidade de Tainan.
En 1956 volveu aos Estados Unidos para estudar enxeñaría, matemáticas e física na universidade de Míchigan, onde se doutorou en física no ano 1962. En 1963 entrou a traballar no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN), para posteriormente traballar no Deutsches Elektronen-Synchrotron (DESY) de Alemaña. Desde 1969 é profesor no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Iniciou as súas investigacións ao redor das partículas subatómicas grazas aos seus traballos no acelerador de partículas, cousa que lle permitiu descubrir a partícula J (ou partícula J/ψ), descubrimento que tamén realizou independentemente o físico Burton Richter.
No ano 1976 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Burton Richter, polo descubrimento da partícula subatómica J.