Hugh David Politzer
Hugh David Politzer | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 31 de agosto de 1949 |
Lugar | Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo | Física |
Alma máter | Universidade de Míchigan Universidade Harvard |
Director de tese | Sidney Coleman |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | cromodinámica cuántica |
Premios | Premio Nobel de Física (2003) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hugh David Politzer, nado en Nova York o 31 de agosto de 1949, é un físico teórico norteamericano. Compartiu o Premio Nobel de Física de 2004 xunto a David J. Gross e Frank Wilczek polo descubrimento da liberdade asintótica na cromodinámica cuántica.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Graduouse na Bronx High School of Science en 1966 e recibiu o seu título da Universidade de Míchigan en 1969 e o seu doutoramento en física na Universidade Harvard en 1974. No seu primeiro artigo publicado en 1973, Politzer describiu o fenómeno da liberdade asintótica: mentres máis próximos estean os quarks menor é a interacción forte entre eles; cando os quarks están extremadamente próximos a interacción nuclear entre eles é tan débil que se comportan case como partículas libres. A liberdade asintótica, descuberta independentemente case ao mesmo tempo por David Gross e Frank Wilczek, foi importante para o descubrimento da cromodinámica cuántica, a teoría das interaccións nucleares fortes. Con Thomas Appelquist, Politzer xogou un rol importante ao predicir a existencia do charmonium, unha partícula elemental composta dun quark encanto (charm) e o seu antiencanto. Os experimentadores chaman a isto partícula J/Ψ.
Politzer foi bolseiro júnior na Harvard Society of Fellows entre 1974 e 1977 para logo irse ao Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) onde actualmente é profesor de física teórica. Traballou como actor menor na película Fat Man and Little Boy no rol dun físico.