Brian David Josephson
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de xaneiro de 1940 Cardiff, Reino Unido |
| Residencia | Reino Unido |
| Educación | Trinity College Universidade de Cambridge Cardiff High School (en) |
| Director de tese | Brian Pippard |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física |
| Ocupación | físico, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Missouri University of Science and Technology (en) |
| Membro de | |
| Interesado en | Física |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Soviética Armenia Obálky knih, Fiziki, (p.103) |
| Sitio web | tcm.phy.cam.ac.uk… |
Brian David Josephson, nado en Cardiff, País de Gales, o o 4 de xaneiro de 1940, é un físico galés galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1973.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en física en 1960 na Universidade de Cambridge, universidade na cal se doutorou catro anos despois.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Iniciou as súas actividades de investigación no Laboratorio Cavendish da mesma Universidade de Cambridge, lugar onde desenvolveu a totalidade das súas investigacións científicas. En 1962 explicou o que se chamaría efecto Josephson, segundo o cal se unha corrente eléctrica flúe entre dous elementos de material supercondutor separados por unha delgada capa de materia illante, perden estes toda a súa resistencia eléctrica cando se lles somete a unha temperatura próxima ao cero absoluto.
En 1973 foi galardoado co Premio Nobel de Física "polas súas predicións teóricas sobre as propiedades dunha supercorrente a través dunha barreira de túnel, en particular eses fenómenos coñecidos comunmente como efectos Josephson",[1] que compartiu cos físicos Leo Esaki e Ivar Giaever.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Nobel Prize (2025). "Brian D. Josephson". www.nobelprize.org (en inglés).