Martin Perl
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Martin Perl | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de xuño de 1927 |
Manhattan | |
Falecemento | 30 de setembro de 2014 |
Palo Alto | |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Columbia, Instituto Politécnico da Universidade de Nova Iorque, United States Merchant Marine Academy e James Madison High School |
Ocupación | físico, enxeñeiro e profesor universitario |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Premio Nobel de Física e Premio Wolf en Física |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Martin Lewis Perl, nado o 24 de xuño de 1927 en Nova York e falecido o 30 de setembro de 2014, é un físico estadounidense, gañador en 1995 do Premio Nobel de Física polo descubrimento do tauón.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Os seus pais foron inmigrantes xudeus a Estados Unidos desde unha zona polonesa de Rusia. Perl graduouse en 1948 no Instituto Politécnico de Brooklyn (agora coñecido como Polytechnic University) en Brooklyn, e recibiu o seu Ph.D. da Universidade de Columbia en 1955. Pasou a súa carreira na Universidade de Michigan e no Stanford Linear Accelerator Center (SLAC).